InicioCULTURAA ofrenda musical do Ano Castelao reúne música e memoria no Panteón...

A ofrenda musical do Ano Castelao reúne música e memoria no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres

Un recital de violín e piano organizado pola 'Fundación Castelao' rende homenaxe á figura de Daniel Castelao en Santiago de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

A ofrenda musical do ‘Ano Castelao’ celebrouse este sábado no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, nun acto organizado pola ‘Fundación Castelao’ que reuniu representación institucional e do ámbito cultural galego. A cita tivo como eixo central un recital de violín e piano a cargo do violinista Anxo Gómez Piñeiro e da pianista Haruna Takebe.

O concerto desenvolveuse nun espazo de forte carga simbólica para a memoria colectiva de Galicia, no marco das actividades conmemorativas dedicadas á figura de Daniel Castelao, autor fundamental da cultura galega contemporánea. A proposta musical quixo servir como xesto de lembranza e recoñecemento ao seu legado intelectual e artístico.

Ao acto asistiu a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, xunto con membros da corporación municipal. Na súa intervención, a rexedora puxo o acento na importancia do esforzo colectivo para manter viva a presenza de Castelao, sinalando que “hai que agradecer o esforzo do conxunto do pobo galego para que Castelao teña presenza”. Sanmartín lembrou tamén que o Concello de Santiago culminou este ano unha reivindicación histórica coa denominación da estación Intermodal como Daniel Castelao, e afirmou que desde a institución municipal “continuaremos sempre loitando pola memoria histórica”.

ÚLTIMAS

Publicada no BOE a declaración de Santiago como zona de vivenda tensionada, que entra en vigor o xoves

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a declaración de zona de mercado residencial...

Comeza unha nova etapa de mobilidade en Compostela: ábrese o prazo para adxudicar 29 novas licenzas de taxi

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou este luns as bases reguladoras...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Luz verde a máis de 1 millón de euros para actuacións en concellos do Camiño Francés

O Goberno galego aprobou este luns un acordo que autoriza a firma dun novo...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santalices exercerá por cuarta vez como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo

A Catedral de Santiago acollerá este sábado, 25 de xullo, a tradicional Ofrenda Nacional...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here