InicioCULTURAO Concello e a editorial Alvarellos renden homenaxe a Federico García Lorca...

O Concello e a editorial Alvarellos renden homenaxe a Federico García Lorca e Ánxel Casal no lugar onde se imprimiu ‘Seis poemas galegos’

O acto celébrase no antigo local da Editorial Nós, na rúa do Vilar, coincidindo co 90 aniversario da impresión da obra

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela e Alvarellos Editora celebran este sábado 27 de decembro un acto de homenaxe a Federico García Lorca e a Ánxel Casal no baixo do número 15 da rúa do Vilar, espazo no que hai noventa anos se imprimiu o libro Seis poemas galegos. O local, que foi sede da histórica Editorial Nós, abre de maneira excepcional para acoller esta conmemoración de marcado carácter simbólico.

A iniciativa pon o foco no valor histórico e cultural dunha obra singular, ao tratarse do único libro que García Lorca escribiu nunha lingua distinta ao castelán. A publicación foi posible grazas á súa relación coa cultura galega e ao labor editorial de Ánxel Casal, figura central do galeguismo cultural da época. A data do acto non é casual, xa que coincide exactamente co 27 de Nadal de 1935, día no que, segundo recolle o colofón da edición orixinal, rematou a impresión do volume.

A homenaxe está presidida pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e inclúe unha actuación musical de Uxía, así como a intervención do editor e escritor Henrique Alvarellos. O acto desenvólvese nun espazo vencellado á historia editorial e intelectual de Galicia, reforzando o papel de Compostela como lugar de encontro creativo e de diálogo cultural.

Durante a súa intervención, a alcaldesa destacou que Seis poemas galegos “é un dos máis valiosos exemplos do que podemos chamar inmersión cultural, porque nos amosa a capacidade dun poeta para mergullarse nunha cultura para el allea ata facela propia a través da creación, desde o respecto, o coñecemento e o afecto”. Sanmartín subliñou tamén que a obra “dá conta dun labor colaborativo entre García Lorca e os seus amigos galegos, como Ánxel Casal, a prol da permeabilidade non só entre idiomas, senón tamén entre identidades culturais”.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

O XV Encontro Artes pola Integración arranca en Santiago con danza contemporánea no Teatro Principal

O Teatro Principal de Santiago abrirá o vindeiro martes, 15 de setembro, a programación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here