InicioSANTIAGOAMESO BNG de Ames propón solicitar axudas provinciais para recuperar os muíños...

O BNG de Ames propón solicitar axudas provinciais para recuperar os muíños da Ruta de Riamontes

A formación nacionalista leva ao pleno unha moción para restaurar e poñer en valor este conxunto etnográfico, coincidindo coa nova liña de subvencións da Deputación da Coruña destinada ao patrimonio en risco

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo municipal do BNG de Ames presentou unha moción no Concello para impulsar a recuperación dos muíños da Ruta de Riamontes, un conxunto etnográfico que, segundo defende a formación, suporía un enriquecemento do patrimonio histórico, cultural, paisaxístico e medioambiental do municipio.

A iniciativa chega nun contexto que o BNG considera favorable, logo de que a Deputación da Coruña anunciase a creación dunha nova liña de subvencións destinada á protección especial do patrimonio. Trátase dun programa pensado para intervir sobre bens que se atopan en risco de desaparición, con especial atención a actuacións municipais de pequena escala pero cun elevado valor patrimonial e social.

Segundo explicou o deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xosé Luis Penas, esta convocatoria nace como unha iniciativa pioneira para apoiar economicamente a recuperación do patrimonio tradicional. O responsable provincial subliñou que as axudas están dirixidas a concellos de menos de 50.000 habitantes, co obxectivo de garantir que municipios como Ames poidan acceder a estes fondos.

Desde o BNG de Ames consideran que esta liña de financiamento encaixa plenamente coas necesidades da Ruta de Riamontes. A súa voceira municipal, Escarlata Pampín, sinala que estas axudas representan unha oportunidade para desenvolver un proxecto integral de restauración e posta en valor dos muíños, contribuíndo á conservación do legado cultural e á dinamización turística e económica da zona.

O período de execución das subvencións abrangue desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 30 de xuño de 2027, un calendario que, ao xuízo da formación nacionalista, permite planificar con tempo unha intervención ambiciosa e sostida. Por este motivo, o BNG insta ao goberno municipal a solicitar estas axudas provinciais e a impulsar as actuacións necesarias para recuperar e poñer en valor os muíños da Ruta de Riamontes, integrándoos nun proxecto de conservación patrimonial e uso social a longo prazo.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here