InicioCULTURAO conselleiro José López Campos destaca o papel do Consorcio de Santiago...

O conselleiro José López Campos destaca o papel do Consorcio de Santiago na planificación cultural de 2026

O Consello de Administración do organismo aprobou o plan de obxectivos e as principais liñas de actuación para o vindeiro ano

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou este martes o papel do Consorcio de Santiago no reforzo da dinamización cultural de Santiago de Compostela de cara a 2026. Fíxoo tras participar na reunión do Consello de Administración do organismo, na que se aprobaron o plan de obxectivos e diversas medidas e accións previstas para o vindeiro exercicio.

Durante a súa intervención, o representante do Goberno galego puxo en valor o conxunto de actividades e proxectos culturais impulsados ao longo de 2025 baixo a coordinación do Consorcio. Neste contexto, amosouse convencido de que o traballo desenvolvido permitirá avanzar na consolidación e posta en marcha de novas iniciativas culturais.

Segundo indicou, estas actuacións estarán aliñadas coa proxección da capital galega e coa preparación do Xacobeo 2027, ao que se referiu como un reto de grande relevancia para a cidade e para o conxunto da comunidade autónoma.

ÚLTIMAS

A Xunta reunirase co arquitecto das gárgolas do Hostal para revisar a solución aplicada

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia manterá ao longo desta semana unha...

Un operario resulta ferido tras caer dunha estada en Vista Alegre e é trasladado ao hospital

Un operario resultou ferido este martes pola mañá tras sufrir unha caída dende unha...

O aeroporto de Santiago cesa a súa actividade ata finais de maio e cede voos ao da Coruña

Aena pechará desde este xoves, día 23 de abril, e até o 27 de...

TK Elevator recibe un premio internacional polo seu proxecto na estación intermodal de Santiago

A empresa TK Elevator foi distinguida como Mellor Proxecto do Ano 2026 na categoría...

Mondra actuará na Praza da Quintana polo día grande da Ascensión

O artista compostelán Mondra será un dos protagonistas das vindeiras Festas da Ascensión cun...

‘Compostela desparellada’ propón novos roteiros para redescubrir a historia da cidade a través das relacións entre figuras clave

O Concello de Santiago presentou unha nova proposta dentro do programa Patrimonio C, baixo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here