InicioSANTIAGOA Asociación de Veciños da Cidade Histórica FONSECA publica o sexto número...

A Asociación de Veciños da Cidade Histórica FONSECA publica o sexto número da súa revista veciñal

A publicación, financiada a través das subvencións municipais, distribúe 400 exemplares no casco histórico e aborda cuestións urbanísticas, de mobilidade, turismo e cultura

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Veciños da Cidade Histórica FONSECA vén de publicar o sexto número da súa revista, unha edición que foi posible grazas ao programa de subvencións ás asociacións veciñais do Concello de Santiago de Compostela. A tiraxe alcanza os 400 exemplares, que se están a distribuír entre a veciñanza e os negocios do casco histórico da cidade.

A revista consta de 20 páxinas e recolle as principais preocupacións compartidas pola xunta directiva da entidade, presidida por Roberto Almuiña e integrada por José Baqueiro, Paloma Pintos, José Ángel Cocho, Cristina Bacariza, María José Lorenzo, Pastora Rivas e Jesús Varela. O número ábrese cun editorial do presidente, no que se analizan diferentes asuntos de actualidade que afectan á vida diaria no centro histórico.

Entre as cuestións abordadas figuran a finalización da concesión do aparcadoiro da Praza Galicia e a demanda social dun uso prioritario para residentes; a demora na concesión de licenzas de obras menores, os problemas cos permisos de ocupación da vía pública e o atraso na tramitación de denuncias urbanísticas. O editorial tamén pon o foco na falta de control das terrazas, cualificando de “incontrolada” a apropiación do espazo público.

Outros asuntos tratados son a non axilización das novas licenzas de taxi, a situación do contrato do servizo de autobuses urbanos, a solicitude veciñal para que Viaqua abra unha base de reparacións na Cidade Histórica, así como a persistencia de problemas relacionados co lixo e o ruído.

A reportaxe central da publicación céntrase no Conector Central, un proxecto sobre o que a Asociación anuncia a presentación de alegacións ao concurso, co obxectivo de que se teñan en conta as necesidades da veciñanza e do comercio local. Neste apartado, a entidade subliña que as rúas de San Clemente e Rodrigo de Padrón quedaron excluídas do ámbito do concurso, malia presentar problemas contrastados de mobilidade e tráfico.

A revista inclúe tamén unha comparativa entre proxectos de turismo sostible desenvolvidos en Valencia e en Santiago de Compostela. A análise sinala diversas carencias do proxecto Smartiago, que catro anos despois do seu inicio continúa sen resolver cuestións como a carga e descarga de mercadorías, o estado dos pavimentos históricos, a iluminación ornamental limitada ás fachadas da Catedral de Santiago ou outros elementos vinculados á xestión da mobilidade urbana.

O apartado de opinión complétase con dous artigos. Por unha banda, “Ordo Prophetarum (O que puido ser e non foi)”, da historiadora Mercedes Pintos, no que analiza a recuperación deste drama litúrxico e musical no Pórtico da Gloria con motivo do seu vinte aniversario. Por outra, “Emilio Cao (Milucho). In memoriam”, no que Carlos Pérez Losada lembra a figura do músico e compositor compostelán a través de vivencias persoais.

O número péchase con dúas informacións culturais: unha dedicada á publicación das acuarelas de Santiago de José Baqueiro e outra cunha entrevista á propietaria da libraría Cronopios, recentemente trasladada ao casco histórico.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here