InicioECONOMÍAO PP leva ao Pleno a demora da licitación do transporte urbano...

O PP leva ao Pleno a demora da licitación do transporte urbano e esixe explicacións ao Goberno local

Populares, non adscritos e PSOE reclaman prazos claros e información sobre o cambio de modelo, mentres o Executivo municipal asegura que a licitación está prevista antes de finalizar o ano

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela debateu este xoves unha proposición presentada polo grupo municipal do PP para reclamar ao Goberno local máis información e axilidade sobre a situación actual do novo contrato do transporte público urbano, un dos principais servizos municipais pendentes de renovación. A iniciativa puxo de manifesto as diferenzas entre os grupos políticos arredor dos prazos, da fórmula de xestión elixida e da transparencia do proceso.

O portavoz popular, Borja Verea, denunciou no debate o que cualificou como unha situación de “opacidade total” por parte do Executivo local, ao asegurar que o cambio de modelo —da concesión a un contrato de servizos— foi anunciado publicamente sen que os grupos da corporación recibisen documentación que o avale. Verea preguntou de maneira reiterada se existen informes técnicos municipais que informen negativamente ese cambio e advertiu de posibles consecuencias xurídicas ligadas á xestión provisional do servizo, en referencia aos acordos aprobados en xunta de goberno desde 2023. Segundo sinalou, o funcionamento actual do transporte “non ofrece fiabilidade” e dificulta o uso do autobús urbano por parte da veciñanza.

Desde o Goberno local, o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, rexeitou as acusacións de ocultación de información e defendeu que o proceso de licitación foi explicado “en numerosas ocasións” tanto no Pleno como en comparecencias públicas. Duro confirmou que o modelo escollido será o de contrato de servizos, fronte á concesión tradicional, e asegurou que non lle consta a existencia de informes técnicos que cuestionen a legalidade dese cambio. Con todo, evitou concretar unha data exacta para a publicación da licitación, ao afirmar que non depende unicamente da vontade política, aínda que reiterou que se está a traballar para que saia “antes de que remate o ano”.

O debate contou tamén cunha intervención crítica do concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños, que lembrou os compromisos do Goberno local de licitar o contrato entre finais de outubro e a primeira quincena de novembro, prazos que, segundo indicou, non se cumpriron. Muíños advertiu ademais das implicacións económicas e administrativas do cambio de modelo, ao tratarse dun contrato cun custo estimado de arredor de 140 millóns de euros en trece anos, e expresou a súa preocupación polos posibles efectos da normativa europea sobre vehículos limpos se a licitación non se formaliza antes de final de ano.

Pola súa banda, a concelleira socialista Marta Abal anunciou o voto favorable do PSOE á proposición, aínda que se desmarcou da exposición de motivos do PP. Abal coincidiu na necesidade urxente de licitar o contrato, pero criticou a falta de cumprimento dos prazos anunciados polo Goberno local e a ausencia de resposta ás solicitudes de información formuladas polo seu grupo. Segundo explicou, o PSOE pediu por escrito os informes técnicos, económicos e xurídicos que xustificasen o cambio de modelo anunciado en xuño, sen obter resposta “máis de cinco meses despois”.

Na quenda final, a alcaldesa Goretti Sanmartín pechou o debate asegurando que a previsión do Executivo municipal é que o contrato do transporte urbano poida saír a licitación “nos próximos días, antes de finais de ano”, reiterando que o Goberno está a traballar con ese horizonte temporal.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here