InicioCULTURAA alcaldesa preside a entrega do XXVII Premio Antón Fraguas á investigación...

A alcaldesa preside a entrega do XXVII Premio Antón Fraguas á investigación sobre a indumentaria tradicional galega

María Teresa Pérez Cadilla recibe o recoñecemento polo seu estudo sobre o traxe galego nos boletíns oficiais da provincia de Pontevedra do século XIX

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa presidiu este martes no Pazo de Raxoi o acto de entrega da XXVII Edición do Premio de Investigación Antón Fraguas sobre a Indumentaria Popular Galega, unha cita consolidada no calendario cultural compostelán que recoñece traballos de investigación vinculados ao patrimonio vestimentario do país.

O xurado acordou por unanimidade conceder o galardón a María Teresa Pérez Cadilla polo traballo titulado ‘A indumentaria tradicional galega nos Boletíns Oficiais da Provincia de Pontevedra (1835–1850)’. A investigación céntrase na análise de referencias á vestimenta tradicional galega recollidas nos boletíns oficiais provinciais durante a primeira metade do século XIX, unha documentación coetánea ao uso habitual destas prendas na vida cotiá.

O estudo achega unha nova perspectiva ao empregar unha fonte documental pouco utilizada neste ámbito, o que permite completar outras vías de análise máis habituais, como as recollidas etnográficas ou as fontes iconográficas. A partir destes documentos administrativos, a autora reconstrúe información sobre o uso real das prendas tradicionais e contribúe a unha mellor comprensión da evolución histórica da indumentaria galega como patrimonio material e inmaterial.

Durante a súa intervención, Goretti Sanmartín puxo en valor o significado cultural e identitario do traxe tradicional galego, destacando que “os traxes tradicionais son moito máis que tecidos e adornos: son sinais de identidade, memoria colectiva e resistencia cultural”. A alcaldesa salientou tamén a relevancia do traballo premiado no proceso de recuperación, difusión e dignificación da indumentaria popular galega.

A rexedora lembrou ademais o papel de Santiago de Compostela como espazo de referencia na promoción deste ámbito ao longo de 2025, a través de diferentes iniciativas culturais impulsadas desde o Concello. Neste contexto, fixo referencia ao Día do Traxe Galego, celebrado no marco das festas do Apóstolo, que contou cun desfile participativo que partiu por primeira vez das sete portas históricas da cidade, como símbolo da diversidade territorial e cultural de Galicia.

No acto interveu tamén a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Consuelo Vázquez, quen agradeceu ao Concello a vontade de dar “unha significación especial ao traxe galego” e subliñou que a propia existencia deste premio contribúe a “dignificar o traxe” desde unha perspectiva cultural e investigadora.

O Premio Antón Fraguas recoñece tanto a calidade académica dos traballos presentados como o compromiso coa investigación, conservación e transmisión do patrimonio cultural galego. Desde o Concello de Santiago reafírmase o apoio a este tipo de iniciativas como ferramentas clave para preservar a memoria colectiva e favorecer a súa continuidade nas vindeiras xeracións.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

O loito polo accidente de Urda obriga a aprazar o concerto de Kid Mount en Santiago: que pasará coas entradas?

O Concello de Santiago decidiu aprazar o concerto de Kid Mount previsto para este...

Clara Cantore presenta en Santiago ‘Regreso’, un disco que une as raíces musicais arxentinas e galegas

A cantante e compositora Clara Cantore presentará este venres, 30 de outubro, en Santiago...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here