InicioPOLÍTICAO PSdeG reclama á alcaldesa que asuma responsabilidades pola situación da Policía...

O PSdeG reclama á alcaldesa que asuma responsabilidades pola situación da Policía Local e Bombeiros

Guinarte cualifica de crítica a falta de persoal nos servizos de seguridade e pide medidas inmediatas ao Goberno local

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago instou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, a asumir responsabilidades políticas pola situación que cualifica de crítica nos servizos de Policía Local e bombeiros, que, segundo denuncia, levan semanas funcionando con persoal insuficiente e sen medidas eficaces que garantan a seguridade da veciñanza.

O portavoz socialista, Gumersindo Guinarte, trasladou estas críticas a través dunha nota de prensa na que asegura que a falta de efectivos está a afectar de maneira directa á prestación de servizos esenciais. Como exemplo, referiuse ao sucedido este pasado domingo, coincidindo coa manifestación contra o proxecto de Altri, cando a quenda da Policía Local, que estaba prevista con oito axentes, funcionou finalmente con só dous efectivos, un inspector e un oficial, tras comunicar os outros seis a súa “indisposición” en distintos momentos.

Segundo Guinarte, este feito non pode entenderse como un caso puntual. “Este episodio non é illado, é o resultado dunha xestión insuficiente e dunha crise que se arrastra desde hai semanas. Non podemos permitir que a seguridade da cidadanía dependa da improvisación ou do persoal externo”, afirmou.

O portavoz socialista reclamou así á alcaldesa que adopte decisións inmediatas e que asuma as súas responsabilidades á fronte do Goberno local. “Criticar aos traballadores municipais non é unha saída: garantir os servizos públicos é unha obrigación que o Goberno non está a cumprir”, subliñou.

Desde o PSdeG lembran ademais que xa puxeron sobre a mesa propostas concretas, que contan, segundo indican, con amparo legal e respaldo sindical, e consideran que o único que falta é que o Executivo municipal dea o paso para aplicalas. Para os socialistas, estas medidas permitirían que os servizos esenciais funcionen nas condicións que “merece a cidadanía”.

“Non podemos normalizar o inaceptable. A cidade merece servizos fiables e unha xestión responsable”, concluíu Guinarte.

ÚLTIMAS

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

Rosón esixe ao Concello toda a documentación sobre Fly2Galicia e acusa o goberno de non revisar a operativa

A concelleira non adscrita de Santiago Mercedes Rosón reclamou ao goberno municipal que faga...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...