InicioPOLÍTICAAitor Bouza defende a actuación do PSdeG tras a dimisión de Silvia...

Aitor Bouza defende a actuación do PSdeG tras a dimisión de Silvia Fraga polo caso José Tomé

O secretario xeral socialista en Santiago asegura que o partido actuou con rapidez ao activar o protocolo interno e apartar o dirixente denunciado en menos de 24 horas

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSdeG de Santiago de Compostela e deputado autonómico, Aitor Bouza, expresou este venres o seu respecto pola decisión da secretaria de Igualdade do partido, Silvia Fraga, de presentar a súa dimisión tras a denuncia por acoso sexual contra o xa expresidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca. Non obstante, Bouza defendeu que a organización socialista actuou “con dilixencia, contundencia e rapidez” desde o momento en que tivo coñecemento dos feitos.

Bouza explicou que o PSdeG activou de inmediato o protocolo interno e que, unha vez que a dirección galega foi coñecedora da denuncia, “non pasaron nin 24 horas para que o señor Tomé fose absolutamente apartado, dentro do que o partido pode, de todos os seus cargos orgánicos e institucionais”.

Segundo o dirixente socialista, a prioridade foi en todo momento a protección da vítima. “Fíxose todo o que se podía dentro da dilixencia necesaria para protexer á vítima, que era o máis importante, e para actuar con contundencia e rapidez, porque máis rapidez, neste caso, non se pode”, afirmou.

Bouza indicou tamén que respecta “todas as posturas e todas as opinións” xeradas arredor deste asunto e lembrou que, máis alá da decisión persoal de Silvia Fraga, “hai corenta e pico persoas máis na Executiva galega que tamén demostran que houbo ese apoio” á vítima.

Durante a súa intervención, o secretario xeral do PSdeG compostelán quixo marcar distancias con calquera comportamento machista. “O Partido Socialista é moito máis que puteros, porcos, machistas e calquera persoa que teña unha conduta contra unha muller, porque evidentemente o PSOE non é iso, é todo o contrario. Somos todas e todos os militantes que apostamos pola igualdade”, declarou, reiterando o apoio do partido ás vítimas e a súa condena de calquera actitude machista.

A dimisión de Silvia Fraga produciuse este venres, segundo confirmou a dirección do PSdeG, debido a un desacordo cunha nota interna enviada o primeiro día en que transcendeu o caso. Fraga non foi consultada sobre a redacción dese comunicado, no que tampouco se facía referencia á súa figura, aparecendo unicamente a responsable de Organización do partido, Lara Méndez.

Finalmente, Bouza agradeceu o traballo desenvolvido por Fraga á fronte da Secretaría de Igualdade e mostrou o seu convencemento de que “seguirá facendo unha importante labor pola igualdade e polo feminismo”, tanto dentro como fóra das responsabilidades orgánicas do partido.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here