InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello e o Luis Penido Team inician a plantación de 150...

O Concello e o Luis Penido Team inician a plantación de 150 carballos na Alameda para compensar a pegada ambiental do rally

A iniciativa simbólica, coa participación de membros da corporación municipal, forma parte do compromiso ambiental do campión europeo compostelán Luis Penido

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental de Santiago de Compostela, Xesús Domínguez, e a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participaron este sábado no inicio da plantación de 150 carballos na Alameda, unha acción promovida polo Luis Penido Team para contribuír a paliar a pegada de carbono asociada á competición automobilística. No acto estiveron tamén presentes outros membros da corporación municipal, entre eles José Ramón de la Fuente (PP), Marta Abal (PSOE) e Gonzalo Muíños (non adscrito).

A xornada comezou cunha foto institucional no Paseo dos Leóns, un dos espazos máis recoñecibles do parque compostelán, na que participou o propio vehículo de competición de Luis Penido. A continuación, o acto trasladouse á zona da carballeira da Alameda, onde se realizou o xesto simbólico que marcou o inicio da plantación. Concello e equipo deportivo aliáronse así nunha acción conxunta orientada á mellora da calidade ambiental e á compensación do impacto da actividade automobilística.

Entre os momentos destacados da iniciativa estivo a plantación dun carballo a cargo de Concha e Aniceto, unha parella chegada desde Lugo que celebra 60 anos de matrimonio e que participou na actividade acompañando ao seu fillo, amigo persoal do piloto compostelán.

Esta acción ambiental chega semanas despois de que a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e membros da Corporación Municipal recibisen no Pazo de Raxoi a Luis Penido tras proclamarse campión de Europa do grupo 5 do “FIA European Hillclimb Championship”. No encontro institucional tamén participou o director deportivo do Luis Penido Rally Team, Daniel Blanco.

Desde o Concello de Santiago reiterouse o apoio á traxectoria deportiva do equipo compostelán, que compite ao máis alto nivel internacional. A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, subliñou que “falar de Luis Penido é falar de deporte, de automobilismo e falar de promoción da nosa cidade, polo tanto, é falar de poñer Santiago no mapa internacional”.

ÚLTIMAS

A ANPA do CEIP Santiago Apóstol denuncia o “bloqueo” ao cambio de nome do centro: “Ignoraron dous anos de diálogo”

A ANPA do CEIP Santiago Apóstol denunciou o “bloqueo” por parte do pleno do Concello...

O Goberno local adxudica o asesoramento para redefinir a xestión das instalacións deportivas e amplía o prazo do novo contrato de transporte urbano

A portavoz do Goberno municipal e concelleira de Turismo, Míriam Louzao, deu conta este...

Alfonso Rueda evita confirmar a Paula Prado como candidata en Santiago e afirma que o PPdeG elixirá “os mellores”

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, foi preguntado este luns...

A USC incorpórase como a segunda universidade estatal en captación de investigadores Ramón y Cajal

A Universidade de Santiago de Compostela informou este luns da incorporación de 18 novos...

O Museo do Pobo Galego programa a XXI edición da MICE e novas actividades culturais en marzo

O Museo do Pobo Galego acollerá durante o mes de marzo unha programación marcada...

Pedro Blanco afirma que respecta as alegacións do Concello de Santiago polo expediente das verteduras ao Sar

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, manifestou este martes en Santiago de...

As non adscritas instan o Goberno de Santiago a aclarar o estado dos novos pregos de zonas verdes

A concelleira non adscrita Mila Castro anunciou que o seu grupo formulará unha interpelación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here