InicioSANTIAGOAMESAugas de Ames renova o patrocinio co F.C. Meigas e reforza o...

Augas de Ames renova o patrocinio co F.C. Meigas e reforza o apoio ao deporte feminino en Ames

O convenio, presentado no Milladoiro, garante unha achega de 7.000 euros ao club que compite en Segunda División nacional

Publicado o

Xornal de Compostela

A EPEL Augas de Ames e o Futsal Club Meigas volveron selar o seu acordo de colaboración para impulsar o deporte feminino no municipio. A renovación do convenio, que contempla unha achega económica de 7.000 euros, fíxose pública este martes na oficina que a entidade pública empresarial ten no Milladoiro, nun acto no que participaron representantes do Concello e do club.

O convenio garante a continuidade do apoio institucional ao Meigas, equipo que compite na Segunda División nacional de fútbol sala feminino, e reflicte o compromiso da empresa municipal que xestiona o ciclo integral da auga co desenvolvemento de iniciativas de carácter social. A rolda de prensa reuniu o alcalde e presidente de Augas de Ames, Blas García; o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto; a xerente da EPEL, Genma Otero; e, pola banda do club, a presidenta Paola Vignolo, o corpo técnico e xogadoras.

Durante a presentación, Blas García destacou que a renovación do acordo responde á vontade de orientar os recursos públicos cara a proxectos con impacto directo no territorio. “Con esta renovación reafirmamos o compromiso social que debe guiar toda entidade pública: apoiar proxectos que melloran a vida da nosa veciñanza”, sinalou, apuntando tamén á importancia de promover valores ligados á igualdade e ao esforzo colectivo.

Pola súa parte, a presidenta Paola Vignolo subliñou que o apoio institucional non se limita ao financiamento. “A sinatura deste convenio demostra o apoio que temos do Concello de Ames e da EPEL Augas de Ames e a aposta polo deporte feminino”, explicou, lembrando que o acordo tamén inclúe a utilización de instalacións municipais, imprescindibles para manter a actividade dun equipo en competición estatal.

A xerente de Augas de Ames, Genma Otero, puxo o foco no dobre propósito desta colaboración. “A importancia de renovar este convenio de patrocinio”, dixo, reside tanto en visibilizar o labor da entidade pública e promover un consumo responsable da auga como en contribuír á igualdade no ámbito deportivo e facer fronte ás diferenzas salariais e de recoñecemento entre homes e mulleres.

ÚLTIMAS

Un percorrido polo simbolismo das estatuas do Mestre Mateo

Dúas estatuas repousan hoxe, senlleiras, no Museo do Pobo Galego. Abraham e Isaac —ou...

O persoal de Viaqua mobilízase en catro concellos galegos ante o “bloqueo” do convenio

O conflito laboral esténdese polos servizos de xestión de auga en Galicia. O cadro...

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE coincidiron este mércores en advertir da evolución...

O Concello leva o patrimonio das parroquias de Santiago á hostalaría e aos centros educativos

O Concello de Santiago puxo en marcha o proxecto 'Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas...

Ames lanza unha campaña para reforzar o uso responsable dos patinetes eléctricos

O Concello de Ames puxo en marcha unha nova campaña de concienciación sobre o...

A Garda Civil detén dúas persoas por roubos en garaxes comunitarios do Milladoiro

A Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Ames, detivo dúas persoas e...

Ángel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de Medicina

O profesor Ángel Carracedo, veciño da parroquia amesá de Bugallido, foi elixido novo académico...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here