InicioOPINIÓNDo milagre do Apóstolo, dunha alcaldesa apóstata e dunha cidade sen futuro

OPINIÓN

Do milagre do Apóstolo, dunha alcaldesa apóstata e dunha cidade sen futuro

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

A chegada de Goretti Sanmartín ao Pazo de Raxoi non supuxo —e á vista está— ningún cambio a mellor para a capital de Galicia. Santiago de Compostela segue sometida á inoperancia política do goberno local, un executivo de BNG e Compostela Aberta que vende como un logro colaborar coa USC para instalar 20 bicicletas eléctricas, lanzando un proxecto piloto conxunto que foi piloto hai máis dunha década e que, a día de hoxe, pasa sen pena nin gloria.

Feitos coma este amosan ás claras a falta de perspectiva e ambición dun goberno en minoría, incapaz de artellar unha maioría de goberno sólida para xestionar a cidade. A maiores, o efecto claro do conformismo político lastra as potencialidades de Compostela, mentres o seu (des)goberno é incapaz de afrontar asuntos de magnitude. Porén, o lamentable é que mentres se constrúe un equipo de goberno custoso a nivel económico, tanto polo gasto que supón como polas oportunidades perdidas que provoca, o Concello é incapaz de dar solución a outras cuestións que poderiamos chamar “de rutina”.

O mantemento dos barrios, o estado dos autobuses das liñas de transporte —nalgúns chove e cada semana practicamente vai algún para Boisaca—, o déficit de taxis etc., son problemas e queixas que se reiteran nos bares de Santiago, nos negocios, nas paradas de autobuses, en calquera lugar onde poidamos atopar veciños. Para iso é preciso un goberno achegado ás diferentes realidades que compoñen Santiago de Compostela, e non só a aqueles pequenos espazos onde un —neste caso unha— se sinte cómodo.

Os gobernos non se basean en gobernar para os votantes propios, senón en gobernar para toda a cidadanía, para quen votaron á persoa que ostenta a alcaldía e para a inmensa maioría que non. O 32% dos picheleiros que exerceron o seu dereito a voto apostaron polos partidos de Goretti Sanmartín e María Rozas. O 68%, non. É innegable que, nese contexto, as negociacións, o talante democrático e a vontade de construír unha cidade do futuro, unha capital do país digna e orgullosa, deberían ser as pedras angulares do labor de Sanmartín. É inevitable que calquera compostelán cuestione un goberno cuxa alcaldesa di que quere ser lembrada por plantar árbores. Con centos de asuntos pendentes, esta tarefa, respectable e desexable, non pode ser a máis relevante dun goberno municipal.

É fundamental seguir atopando de fronte unha oposición crítica e construtiva, que siga coñecendo os problemas reais da cidadanía e actuando como a súa única voz real nos Plenos municipais. Esa tarefa titánica que ten por diante de si o PP de Borja Verea ha de ser sempre desenvolta desde a humildade, desde o interese por coñecer todas as parroquias e todas as problemáticas, desde o contacto directo etc. Está, sen lugar a dúbidas, na mellor das direccións e ante estas circunstancias aquí non caben milagres do Apóstolo. A alcaldesa apostatou.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Que ten Rueda que sempre vota (actúa) en contra de axudar á Galiza?

"Cantas mortes máis serán necesarias para darse conta de que xa foron demasiadas?". Bob...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here