InicioSANTIAGOO Consello de Contas insta a mellorar a ciberseguridade no Concello de...

O Consello de Contas insta a mellorar a ciberseguridade no Concello de Santiago tras detectar carencias estruturais

Un informe sitúa o nivel medio de cumprimento no 65,7% e recomenda reforzar equipos, protocolos e sistemas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago debe reforzar a súa gobernanza en materia de ciberseguridade. Así o advirte o Consello de Contas nun informe difundido este venres, no que analiza o estado da seguridade dixital na administración municipal e identifica diversas carencias que comprometen a capacidade de resposta fronte a riscos tecnolóxicos.

Entre os puntos máis relevantes, o organismo fiscalizador destaca a existencia dun equipo interno de dimensións limitadas, o que provoca unha forte dependencia de provedores externos para tarefas clave. Xunto a iso, sinala a ausencia dunha política de seguridade aprobada formalmente e a falta dun comité específico encargado de coordinar e supervisar esta área. O documento tamén subliña que o Concello non ten definidos os roles e responsabilidades conforme ao Esquema Nacional de Seguridade (ENS), nin dispón dunha formalización de normas e procedementos que garantan a correcta aplicación das medidas vixentes.

O informe incorpora ademais os resultados dos Controis Básicos de Ciberseguridade (CBCS). Ningún dos oito aspectos avaliados alcanza o nivel mínimo de madurez esixido polo ENS, situándose o cumprimento medio no 65,7%. Para o Consello de Contas, esta cifra evidencia que a marxe de mellora é significativa e require dunha planificación máis sólida.

A revisión de legalidade realizada paralelamente amosa un nivel razoable de adecuación normativa, aínda que con puntos concretos nos que é necesario intervir para evitar incumprimentos e reforzar garantías na xestión da información municipal.

A partir desta diagnose, o Consello de Contas formula varias recomendacións prioritarias. Entre elas, identificar e actualizar todos os sistemas fóra de soporte, aprobar e difundir unha política de seguridade da información que marque criterios comúns en toda a organización, e introducir melloras na xestión das copias de seguridade, un elemento clave para afrontar posibles incidentes.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...