InicioSANTIAGOAMESO acendido do Nadal en Ames inaugúrase o xoves con música, concurso...

O acendido do Nadal en Ames inaugúrase o xoves con música, concurso e degustación de chocolate

O acto incorpora novidades e reunirá á veciñanza na praza do Concello de Bertamiráns

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames dará este xoves o pistoletazo de saída ao Nadal 2025-2026 cun acto de acendido do alumeado que chega con novidades e cun marcado carácter festivo. A celebración terá lugar na praza do Concello en Bertamiráns, a partir das 17:45, cun programa que combina música, participación veciñal e actividades pensadas para dinamizar o comercio local.

A presentación do evento realizouse esta mañá no salón de plenos, coa presenza da concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; da presentadora do acto, Marta Alonso, e do presidente da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Ramón Cordido. A responsable municipal destacou que Ames contará con máis de 140 elementos luminosos repartidos por todo o termo municipal, incluíndo arcos decorativos, motivos tridimensionais e novidades tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. Paz subliñou que o acendido irá acompañado da tradicional repartición de chocolate con churros, que se servirá dende o inicio das actuacións para que “a xente poida desfrutar da degustación mentres participa da festa”.

O acto estará conducido pola actriz e presentadora Marta Alonso e polo artista Pablo Reboleiro, ambos veciños de Ames. Alonso animou a acudir con accesorios e roupa de Nadal para “encher de cor e ambiente festivo a praza”, mentres que Cordido avanzou que este acendido será o punto de partida dun programa de actividades comerciais, entre elas a nova edición do concurso ‘Ilumina o teu sorriso’, que XEA presentará a próxima semana xunto ao Concello.

UN ACEDIDO CO PÚBLICO PROTAGONISTA

Ás 18:00 terá lugar o acendido das luces, momento no que se desvelará a identidade das persoas que premerán o botón, elixidas entre o público asistente. Ademais, este ano inclúese un concurso de caracterización no que se premiará a dúas persoas que acudan con mellor vestiario ou accesorios de Nadal. Os gañadores recibirán vales de 50 euros para gastar en establecementos adheridos a XEA, unha iniciativa pensada para apoiar ao comercio local nestas datas.

A banda sonora do acto correrá a cargo de arredor de 50 alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames e dos coros de Bertamiráns e do Milladoiro do programa Amessán, que ofrecerán pequenas intervencións musicais durante a tarde.

ILUMÍNASE ATA O 6 DE XANEIRO

O alumeado permanecerá aceso cada día entre as 18:00 e as 02:00 dende este mesmo xoves e ata o 6 de xaneiro, con instalacións distribuídas por todas as parroquias. No Milladoiro, entre os elementos máis destacados figuran unha árbore artificial transitable na rúa Agro do Medio, unha estrutura tridimensional coas siglas de Ames na praza da Madalena, unha manta de luces na rúa Anxeriz e varios motivos luminosos na avenida de Rosalía de Castro. En Bertamiráns, a árbore da praza do Concello volverá ser o elemento central, acompañada dun motivo co número 2026 na praza da Maía.

Coa combinación de iluminación, actividades culturais e propostas comerciais, o Concello aspira a consolidar unha tarde de encontro comunitario que marque o inicio dun Nadal que en Ames terá unha programación ampla e repartida por todo o municipio.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O BNG de Ames reclama destinar terreos municipais de Bertamiráns á construción de vivenda pública

O Bloque Nacionalista Galego de Ames defenderá no pleno ordinario de abril unha iniciativa...

O IES do Milladoiro conmemora o Día Internacional do Pobo Xitano cunha xornada educativa e cultural

O alumnado do IES do Milladoiro, no concello de Ames, celebrou na mañá do...

Morre unha muller de 96 anos ao caer a un pozo en Ames

Unha muller de 96 anos faleceu en Ames ao caer a un pozo na...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here