InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA familia Franco asumirá o custo do traslado das estatuas do Mestre...

A familia Franco asumirá o custo do traslado das estatuas do Mestre Mateo ao Museo do Pobo Galego

As pezas de Abraham e Isaac chegarán a Santiago o 11 de decembro tras a autorización de Patrimonio

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do Goberno local de Santiago, Míriam Louzao, confirmou que a familia Franco será quen cubra os gastos do traslado das esculturas do Mestre Mateo Abraham e ‘Isaac’, retiradas do Pazo de Meirás (Sada) e cuxo retorno a Santiago vén marcado pola sentenza do Tribunal Supremo do 18 de xuño de 2025, que recoñece a súa titularidade pública municipal.

Nunha comparecencia ante os medios, Louzao precisou que a representación procesual da familia aceptou asumir un importe de 4.350,77 euros, correspondente ao transporte das dúas pezas desde Meirás até a capital galega. As esculturas serán recolocadas no Museo do Pobo Galego o próximo 11 de decembro, unha vez autorizada a operación pola Dirección Xeral de Patrimonio.

Segundo explicou a concelleira, o proceso de traslado avanza conforme ao previsto e permitirá que Compostela recupere “parte dun patrimonio singular vinculado á súa historia”.

A alcaldesa Goretti Sanmartín tamén se referiu ao regreso das pezas nunha mensaxe publicada nas súas redes sociais o 20 de novembro, coincidindo cos 50 anos da morte de Franco. Nesa comunicación, destacou que a chegada das esculturas supón “un acto de xustiza histórica, de dignidade colectiva e de recuperación de patrimonio”.

A rexedora aproveitou para agradecer o labor desenvolvido por “xuristas, representantes de anteriores corporacións e activistas da memoria” que contribuíron ao proceso e convidou á cidadanía a achegarse ao Museo do Pobo Galego o día da súa chegada, unha xornada que cualificou como “de celebración e de festa”.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O Arquivo da Catedral de Santiago abre as súas portas polo Día Internacional dos Arquivos

O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago abrirá as súas portas á cidadanía entre o...

‘Compostela nocturna, mírame!’ trasládase a Cornes para achegar á veciñanza o futuro proxecto de iluminación da Catedral

A exposición 'Compostela nocturna, mírame!' continúa o seu percorrido pola cidade e instalarase desde...