InicioSANTIAGOO estudantado de Enfermaría da USC denuncia actitudes machistas e condutas sexistas...

O estudantado de Enfermaría da USC denuncia actitudes machistas e condutas sexistas durante as prácticas clínicas

Un estudo da Universidade de Santiago revela que as alumnas sofren infantilización, tarefas subordinadas e comentarios despectivos, sobre todo por parte de doentes homes e acompañantes

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro de Estudos Avanzados da USC acolleu a presentación do proxecto ‘Actitudes de xénero detectadas polo estudantado de Enfermaría nas prácticas clínicas’, unha investigación que analiza o impacto dos micromachismos e condutas sexistas na formación sanitaria. O traballo, realizado con apoio dunha axuda da Universidade no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero 2025, baseouse nunha enquisa a 428 estudantes das tres universidades públicas galegas, das que o 84 % eran mulleres.

As conclusións mostran que o alumnado feminino é o principal obxectivo dos comportamentos machistas, especialmente en forma de infantilización (50 %), asignación de tarefas consideradas inferiores (57,5 %) e infravaloración do traballo (52,7 %). Tamén se detectaron comentarios ou “bromas” despectivas sobre as capacidades das mulleres, que adoitan proceder de homes doentes, acompañantes ou persoal sanitario.

O estudo recolle ademais que un 13 % das persoas enquisadas afirma ter sufrido contacto físico non consentido ou insinuacións de carácter sexual, condutas atribuídas maioritariamente —nun 93 % dos casos— a doentes ou acompañantes masculinos. Aínda así, estas situacións raramente se comunican ás persoas responsables das prácticas, segundo sinala o informe, e non adoitan ter consecuencias para quen as provoca.

Outro dos aspectos salientados é a percepción de desigualdades nas valoracións académicas e no trato recibido, que a metade do alumnado vincula a cuestións como o sexo, a aparencia física ou a orientación sexual. O estudo conclúe que o xénero masculino, un físico axustado aos cánones estéticos e unha orientación heteronormativa asócianse cun mellor trato e con cualificacións máis altas.

A presentación da investigación contou coa participación das súas autoras e foi inaugurada pola delegada do reitor para a Igualdade, Sonia Rodríguez Boente, quen destacou a importancia de “identificar e visibilizar estas situacións” para avanzar cara a contornas universitarias libres de discriminación.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here