InicioSUCESOSDesarticulan unha banda e capturan 1.500 plantas de marihuana en dúas naves...

Desarticulan unha banda e capturan 1.500 plantas de marihuana en dúas naves do Pino e Oroso

Publicado o

Xornal de Compostela

A Garda Civil logrou desarticular na contorna de Santiago de Compostela un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas, nun operativo que se saldou con 6 persoas detidas (tres delas xa ingresaron en prisión por orde xudicial), máis de 1.500 plantas de cannabis intervidas, 29.000 euros e catro vehículos comisados.

Segundo informaron fontes da Comandancia, as actuacións, bautizadas como ‘Operación Smell’ e coordinadas por un xulgado de Arzúa, foron levadas a cabo polo Equipo Roca da Garda Civil de Santiago, en colaboración con axentes do posto de Sigüeiro. As pescudas comezaron tras detectarse consumos eléctricos irregulares nos municipios do Pino e Oroso. Alí, os axentes conseguiron localizar dúas naves industriais sospeitosas, susceptibles de albergar plantacións ‘indoor’ de marihuana.

A fase de ‘explotación’ do operativo levou a cabo cando os axentes detectaron a presenza de tres persoas (dous veciños de Negreira e un de Cambados, que foron detidos) nas instalacións da nave industrial de Oroso. Un deles portaba dous sementeiros con 132 plantas de ‘cannabis sativa’

REXISTRO DE NAVES E DOMICILIOS

Na inspección da nave, os axentes localizaron unhas 800 plantas desta variedade, así como 430 gramos de marihuana seca e preparada para a súa manipulación. As instalacións contaban con sistemas de iluminación, ventilación e control térmico.

Posteriormente, os efectivos trasladáronse á nave do Pino, en cuxo rexistro atoparon 573 plantas de ‘cannabis sativa’, e 96 gramos de marihuana seca. Tras estes achados, a Garda Civil rexistrou os domicilios dos detidos e alí incautouse doutros 13 quilos de marihuana envasada ao baleiro, básculas de precisión, material de pesada e embalaxe, 29.000 euros en efectivo e 4 vehículos supostamente empregados para o transporte e distribución da droga. As investigacións permitiron localizar posteriormente a outros 3 integrantes deste grupo, veciños de Ames, Cambados e Vilagarcía, que tamén foron detidos.

DELITOS

A Garda Civil atribúe aos 6 arrestados os delitos de tráfico de drogas, pertenza a grupo criminal, branqueo de capitais, falsidade documental (placas de matrícula) e defraudación de fluído eléctrico. Os detidos, xunto coa droga, o diñeiro e o resto de material intervido, foron postos a disposición do xulgado de Arzúa, que acordou o ingreso en prisión provisional de tres dos investigados.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...