InicioPOLÍTICAO Concello de Santiago aproba a rehabilitación integral do IES Arcebispo Xelmírez...

O Concello de Santiago aproba a rehabilitación integral do IES Arcebispo Xelmírez II e modifica a ordenanza de circulación para adaptar as zonas de baixas emisións

A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén á continuidade do servizo no recinto feiral de Amio ata 2026 e á adxudicación dun préstamo municipal por 2,5 millóns de euros

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do goberno e concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, informou este luns dos acordos adoptados na Xunta de Goberno Local, entre os que destacou a licenza para a rehabilitación integral do IES Arcebispo Xelmírez II, promovida pola Consellería de Educación, cun orzamento de execución material de 1.287.011,24 euros. As obras inclúen a renovación da cuberta, o cambio de portas e ventás, a substitución das caldeiras, a mellora do saneamento e a instalación de novas rampas de accesibilidade.

Xunto a esta intervención, o executivo local autorizou tres obras maiores: a reforma e ampliación dunha vivenda na Rúa dos Basquiños 50, a reparación de fachadas e renovación de tellado na Rúa das Oblatas 21 e a mellora enerxética do edificio da avenida de Castelao 48-54.

No ámbito económico, a Xunta aprobou a adxudicación dun préstamo municipal por importe de 2.517.539,82 euros á entidade Arcebank S.A., con condicións favorables que inclúen unha redución respecto ao custo de mercado do -1,1573% e un tipo de xuro referenciado ao Euríbor a tres meses máis 0,129.

Louzao explicou tamén que o Tribunal Administrativo Galego de Contratación Pública (TAGAL) estimou os recursos presentados pola empresa Segur Sistem Europa contra a súa exclusión en dous procedementos —o de vixilancia do Estadio Verónica Boquete e o de mantemento de sistemas de alarma antiintrusión—, polo que o Concello deberá retrotraer as actuacións e volver incluír a compañía nas licitacións correspondentes.

Outro dos puntos aprobados foi a orde de continuidade da concesión do recinto feiral de Amio, que xestiona Monfobús S.L., ata o 10 de novembro de 2026. O contrato, formalizado en 1997 coa empresa TRAPSA, mantén a súa vixencia mediante prórrogas anuais. Durante o exercicio 2024, o recinto rexistrou 77.868 reses, das que 77.080 foron de gando vacún, cun descenso do 3,06% respecto a 2023. A concelleira subliñou que o mercado “segue a ser unha actividade esencial para o sector gandeiro e para a economía local”.

Entre os acordos máis relevantes, a Xunta de Goberno aprobou a modificación do anexo 2 da Ordenanza de Circulación e Uso da Vía Pública, para adaptar a normativa ás obrigas establecidas pola Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética de 2021. Esta actualización concreta a regulación das zonas de baixas emisións na cidade histórica, incorpora sistemas de control e sinalización, e abre a posibilidade de ampliar os horarios de reparto para vehículos de cero emisións.

No apartado de subvencións, o Concello aprobou a xustificación de varios convenios de colaboración:

  • Cáritas Diocesana de Santiago, programa Vagalume de acompañamento a mulleres en contextos de prostitución (30.000 euros).

  • Agadea, para o programa de envellecemento activo de persoas con Alzheimer (3.000 euros).

  • Escola de Tempo Libre Don Bosco, proxecto Un lugar para ti (5.000 euros).

  • Instituto Rosalía de Castro, financiamento do Bacharelato Internacional (6.208 euros).

En resposta a preguntas dos medios, Louzao explicou que o Concello mantén traballos en curso para a reforma do recinto feiral, aínda sen detalles pechados, e confirmou que hoxe ás 12:30 terá lugar unha nova reunión técnica cos sindicatos de Policía Local e Bombeiros, tras unha primeira xuntanza “concordante na diagnose” das súas reivindicacións.

Finalmente, a concelleira respondeu ás críticas do Partido Popular, afirmando que “a Xunta fai o posible por afogar os gobernos que non controla” e que “coñece perfectamente as contas do Concello, xa publicadas e dispoñibles”. Louzao defendeu que o Goberno local segue reclamando a colaboración autonómica en materias como infraestruturas, saneamento e limpeza, así como no financiamento derivado da capitalidade compostelá.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Verea reclama explicacións ao Goberno local ante a posible existencia de quendas con só seis policías

O Partido Popular de Santiago reclamou ao Goberno municipal que aclare se durante os...

Sanmartín reclama á Xunta que transfira a Santiago os fondos estatais destinados ás zonas tensionadas

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reclamou este venres que os fondos que o...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here