InicioCULTURAO Consorcio reedita 'Historias do Carril-Cornes' con motivo do centenario da anexión...

O Consorcio reedita ‘Historias do Carril-Cornes’ con motivo do centenario da anexión de Conxo

A obra de Xoán Luís Miguéns, que recolle vinte e catro relatos sobre o primeiro ferrocarril galego, volve publicarse dezaseis anos despois da súa primeira edición

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consorcio de Santiago presentou este xoves 6 de novembro na Casa das Asociacións de Cornes a reimpresión do libro Historias do Carril-Cornes, do escritor Xoán Luís Miguéns García, dentro da Biblioteca de Divulgación da entidade. A nova edición coincide co centenario da anexión do antigo Concello de Conxo ao de Santiago de Compostela, celebrada neste 2025.

No acto participaron, ademais do autor, o xerente do Consorcio, José Antonio Domínguez Varela; o autor do prólogo, Carlos Abellán Ruiz; e o responsable de publicacións, Juan Conde Roa, quen destacaron o valor divulgativo do volume e a súa conexión coa memoria ferroviaria e social da cidade.

A publicación reúne vinte e catro relatos inspirados en feitos e personaxes ligados ao primeiro camiño de ferro galego, que uniu Santiago de Compostela co mar de Arousa. Miguéns recrea historias de ferroviarios, viaxeiros e veciños vencellados a aquel tren pioneiro, abordando episodios que van desde o contrabando de penicilina ata a catástrofe de Pazos de 1952.

Os textos, de extensión e ton variados, permiten entrever a evolución do mundo ferroviario galego entre o século XIX e boa parte do XX, cun enfoque que combina memoria persoal e documentación histórica.

Nado en Vilagarcía de Arousa, Xoán Luís Miguéns desenvolveu máis de corenta anos de traxectoria profesional no sector ferroviario, experiencia que lle serviu de base para reflectir en Historias do Carril-Cornes o peso simbólico e humano do tren na historia recente de Galicia.

ÚLTIMAS

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

Fiestra Aberta reunirá en Santiago a Ataque Escampe, Grande Amore, unha homenaxe a Narf e Miguel Araújo

O ciclo musical 'Fiestra Aberta' regresará a Santiago de Compostela con tres propostas que...

O Ateneo de Santiago analizará o legado de Murguía e o debate sobre o romance de Don Gaiferos

O Ateneo de Santiago acollerá este próximo luns, 26 de outubro, ás 19:30, unha...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here