InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOAcuaes e o Concello desmenten un novo vertido da depuradora de Silvouta...

Acuaes e o Concello desmenten un novo vertido da depuradora de Silvouta ao río Sar

A aparición dunha escuma branca nas augas do Sar ao seu paso por Bertamiráns esperta a preocupación veciñal, mentres as administracións aseguran que a EDAR funciona con normalidade tras as incidencias de outubro

Publicado o

Xornal de Compostela

A presenza dunha espesa escuma branca nas augas do río Sar, ao seu paso polo paseo fluvial de Bertamiráns, volveu espertar a alarma entre os veciños de Ames, que relacionan o episodio coas verteduras rexistradas en outubro durante as obras da depuradora de Silvouta. Porén, tanto a sociedade estatal Acuaes como o Concello de Santiago negan que o episodio teña relación coa instalación.

Nun comunicado remitido pola Subdelegación do Goberno na Coruña, Acuaes asegurou que “o vertido non procede da depuradora de Silvouta, que funciona con normalidade tras as incidencias rexistradas días atrás a consecuencia dos sedimentos acumulados durante anos nos colectores existentes”. A entidade destacou ademais que, grazas ás medidas adoptadas, non se produciron novos vertidos incontrolados ao río.

Pola súa banda, o Concello de Santiago confirmou tamén que non se detectaron novas incidencias nas obras da nova estación depuradora e que tanto Acuaes como Augas de Galicia comunicaron que non lles consta ningún incidente recente. O Goberno local indicou que se mantén “en permanente contacto coa entidade que desenvolve os traballos” para seguir a evolución da situación.

Mentres tanto, os residentes de Bertamiráns expresaron a súa preocupación ante algúns medios de comunicación, describindo unha escuma “semellante á do deterxente” acumulada á altura do muíño de Entrerríos, sobre unhas augas que, segundo lembran, “aínda non se recuperaron da vertedura de outubro”. “Era imposible vir por aquí, o cheiro era insoportable”, recordan.

A veciñanza reclama medidas urxentes e duradeiras para frear o que consideran un problema crónico de contaminación do Sar. “A porcallada toda de Santiago vén para aquí. É o río máis contaminado de Europa”, lamentan.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here