InicioSANTIAGOAMESMofa e Befa regresan a Bertamiráns co seu tributo teatral a Castelao

Mofa e Befa regresan a Bertamiráns co seu tributo teatral a Castelao

A Casa da Cultura acollerá este venres a representación de ‘Os dous de sempre. O regreso’, unha comedia de Producións Teatrais Excéntricas incluída na programación do Ano Castelao do Concello de Ames.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames conmemora o Ano Castelao cunha nova cita escénica na súa programación cultural. Este venres, 31 de outubro, ás 20:30, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns será o escenario da comedia Mofa e Befa: Os dous de sempre. O regreso, unha produción da compañía Producións Teatrais Excéntricas dirixida a público adulto e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

A obra, dirixida por Quico Cadaval e coa dramaturxia de Carme Varela, rende homenaxe ao universo humorístico de Castelao recuperando as personaxes de Pedriño e Rañolas, interpretadas por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, con participación tamén de Jostio Porto. Estes dous amigos inseparables —idealista un, pragmático o outro— representan a esencia da parella cómica galega, situando o público ante unha mestura de sátira, retranca e crítica social.

Mofa e Befa: Os dous de sempre. O regreso revisita o humor gráfico de Castelao e dálle corpo sobre o escenario, facendo dialogar bufóns, pallasos, nenos e tolos nun espectáculo que conxuga tradición e vangarda. A peza propón unha reflexión sobre o poder do humor como patrimonio colectivo, convidando a rir e a pensar ao tempo.

Con máis de vinte anos de traxectoria, Producións Teatrais Excéntricas consolidouse como unha das compañías galegas máis recoñecidas, cun estilo no que o humor serve de ferramenta crítica e irónica. A súa carreira inclúe éxitos como as adaptacións de O Porco de Pé de Vicente Risco ou Auto do Castromil de Manuel María, que sumaron centos de representacións por toda Galicia.

A compañía foi distinguida con diversos galardóns, entre eles varios Premios María Casares e o Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño ao Mérito nas Artes Escénicas no ano 2017. A entrada á función forma parte da programación cultural municipal impulsada polo Concello de Ames para celebrar os 75 anos do pasamento de Castelao, figura central da cultura galega.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here