InicioDEPORTESA SD Compostela impónse con autoridade en Cangas e mantén o liderado...

A SD Compostela impónse con autoridade en Cangas e mantén o liderado da Liga

O conxunto compostelán venceu 0-2 ao Alondras cun gol temperán de Samu e outro de Maceira antes do descanso, nun encontro que dominou de principio a fin

Publicado o

Xornal de Compostela

A SD Compostela continúa a súa xeira imparable e sumou unha nova vitoria fóra da casa ao impoñerse por 0-2 ao Alondras CF no campo do Morrazo. O equipo dirixido por Yago Iglesias mostrou unha gran solidez defensiva e eficacia ofensiva, logrando tres puntos que lle permiten seguir invicto e liderando a clasificación con 20 puntos.

O partido comezou de forma inmejorable para o cadro compostelán. Aos 6 minutos, o capitán Samu abriu o marcador cun potente disparo dentro da área, tras unha asistencia medida de Parapar. Foi o seu primeiro gol nesta tempada e converteuno no undécimo xogador do equipo en marcar na competición ligueira.

Lonxe de conformarse coa vantaxe, o Compos seguiu buscando o segundo tanto. Maceira estivo a piques de ampliala cun cabezazo ao pau, pero o premio chegou pouco antes do descanso. O dianteiro vigués, moi activo durante todo o encontro, anotou o 0-2 tras aproveitar un rexeite dentro da área, logrando así o seu terceiro gol na liga e segundo consecutivo.

Na segunda metade, os branquiazuis controlaron o ritmo do xogo e souberon conservar o resultado sen apuros, coa defensa firme e un Álex Cobo moi seguro baixo paus. Mesmo tiveron ocasións para ampliar a renda, pero o marcador non se moveu.

Con este triunfo, a SD Compostela mantén a portería a cero por segunda vez consecutiva e afianza o seu liderado na categoría. O próximo compromiso será no Vero Boquete de San Lázaro, onde os composteláns recibirán ao Barbadás, coa intención de prolongar a súa racha de invencibilidade.

ÚLTIMAS

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here