InicioPOLÍTICAO PSdeG pide ao Concello incluír o saneamento da Curuxeira na planificación...

O PSdeG pide ao Concello incluír o saneamento da Curuxeira na planificación municipal de 2026

Os socialistas reclaman solucións aos vertidos e propoñen unha infraestrutura propia ou compartida con Teo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que garanta o servizo de saneamento na zona da Curuxeira, unha demanda veciñal que —segundo lembran— leva anos sen resposta. A concelleira Marta Abal advertiu de que “o saneamento é un servizo básico que a administración local debe garantir aos seus veciños e veciñas”.

Abal explicou que a veciñanza da Curuxeira leva tempo solicitando unha rede de saneamento “que dea servizo a todas as vivendas e poña fin aos vertidos de augas fecais”. Segundo a edil, os desbordamentos actuais da rede de Teo provocan contaminación ambiental, riscos para a saúde e danos nos ecosistemas da contorna.

Para dar resposta a esta situación, o grupo socialista presentou un rogo no Pleno de outubro co fin de que o Concello inclúa esta actuación na súa planificación municipal e garanta a súa execución en 2026. “Desde o Grupo Municipal Socialista traballamos para cumprir os compromisos co rural. Por iso presentamos este rogo para que a Curuxeira conte con saneamento no ano 2026”, sinalou Abal.

A concelleira indicou que a solución podería materializarse mediante a construción dunha infraestrutura propia ou a través dunha infraestrutura compartida co Concello de Teo, que permita conectar as vivendas á súa rede.

Abal concluíu que o obxectivo dos socialistas é “acabar cos vertidos, garantir servizos básicos para os nosos veciños e veciñas e protexer o rural compostelán”.

ÚLTIMAS

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

Joaquín Goris amplía o seu contrato co Compos ata 2027

A SD Compostela anunciou a renovación de Joaquís Goris Abelenda por unha tempada máis,...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here