InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOAugas de Galicia, Concello e Acuaes analizarán este luns a vertedura da...

Augas de Galicia, Concello e Acuaes analizarán este luns a vertedura da nova depuradora no río Sar

A entidade autonómica traslada que a contaminación do río é "orgánica" e débese a residuos fecais que co tempo degrádanse

Publicado o

Xornal de Compostela

O organismo Augas de Galicia anunciou que manterá este luns unha reunión co Concello de Santiago e coa empresa pública Acuaes, promotora da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, para avaliar o alcance e a evolución da vertedura detectada no río Sar durante a última semana.

Segundo informaron fontes do ente autonómico, os episodios de contaminación rexistrados nos concellos de Santiago, Ames, Brión e Rois terían a súa orixe nas obras de posta en marcha da nova depuradora, proxecto impulsado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da sociedade estatal Acuaes.

Os técnicos de Augas de Galicia precisan que a contaminación detectada é “fundamentalmente orgánica”, composta por residuos fecais que se degradan co paso do tempo, polo que non se aprecian danos na morfoloxía do río nin elementos sólidos que deban retirarse de forma inmediata, aínda que continúan as avaliacións complementarias.

Desde o organismo autonómico insisten en que a empresa promotora debe “axustar a obra ao planificado” e solucionar as deficiencias que provocaron a vertedura. A reunión prevista servirá para analizar a situación actual, determinar responsabilidades e establecer medidas de control e corrección que eviten novos episodios de contaminación nun tramo fluvial especialmente sensible para a área metropolitana compostelá.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...