InicioCULTURAFonseca acolle unha exposición sobre as primeiras profesoras da Universidade Complutense, con...

Fonseca acolle unha exposición sobre as primeiras profesoras da Universidade Complutense, con presenza de destacadas galegas

A mostra, aberta ata o 28 de novembro, homenaxea pioneiras como Emilia Pardo Bazán, Antonia Ferrín e Jimena Fernández de la Vega, que abriron camiño na docencia e na investigación universitaria

Publicado o

Xornal de Compostela

O Claustro Alto do Colexio de Fonseca acolle desde este venres a exposición ‘As primeiras profesoras da Universidad Complutense de Madrid’, unha mostra que busca visibilizar ás mulleres pioneiras na docencia e na investigación universitaria en España. Entre elas figuran as galegas Emilia Pardo Bazán, Antonia Ferrín Moreiras e Jimena Fernández de la Vega, tres figuras que, ademais de pasar polas aulas da Universidade de Santiago de Compostela, deixaron unha pegada decisiva na historia académica do país.

A exposición forma parte do proxecto ‘Académicas UCM’, impulsado pola Universidade Complutense de Madrid co obxectivo de recuperar a memoria das primeiras mulleres docentes e investigadoras que traballaron na institución, entón denominada Universidade Central. A través de paneis, fotografías e documentos, o proxecto reconstrúe un século de avances e dificultades no acceso das mulleres ao ensino superior.

O acto inaugural celebrouse o venres 17 e estivo presidido pola vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias, acompañada pola delegada do reitor para a Igualdade, Sonia E. Rodríguez, e pola súa homóloga na UCM, Isabel Tajahuerce. Tamén participaron Eva López, presidenta de Alumni USC, e Violeta Izquierdo, comisaria da mostra en Madrid. As representantes das dúas universidades coincidiron en destacar o valor simbólico da chegada da exposición a Santiago, a primeira cidade fóra de Madrid que acolle este proxecto, e manifestaron o desexo de que a USC asuma o relevo e impulse unha iniciativa semellante sobre as súas propias profesoras pioneiras.

A exposición lembra o Real Decreto do 8 de marzo de 1910, que permitiu por primeira vez o acceso das mulleres aos estudos universitarios en España. Con todo, as primeiras alumnas e profesoras tiveron que enfrontarse a censuras, prexuízos e obstáculos para poder exercer a súa carreira académica e profesional.

As historias das protagonistas —que abranguen desde o comezo do século XX ata a actualidade— reflicten o esforzo, a preparación e o compromiso dunha xeración que abriu camiños para as que chegarían despois. O percorrido pola mostra permite coñecer as súas traxectorias e entender o longo proceso de equiparación en dereitos e oportunidades que aínda hoxe continúa.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 28 de novembro de 2025, en horario de luns a venres, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas, no histórico edificio de Fonseca.

ÚLTIMAS

As vítimas do Alvia de Angrois piden unha reunión con Carlos Cuerpo e reclaman revisar a seguridade ferroviaria

A Plataforma Vítimas Alvia 04155, que representa a afectados polo accidente ferroviario ocorrido en...

Santiago presenta a campaña ‘Compostela con Palestina’ para manter visible a situación en Gaza

O Concello de Santiago de Compostela presentou este mércores a campaña 'Compostela con Palestina',...

Unha ciclista de 39 anos resulta ferida tras colidir cun coche nas proximidades do túnel do Hórreo

Unha muller de 39 anos resultou ferida na mañá deste mércores tras sufrir un...

Un libro percorre 31 cúpulas de Santiago para descubrir o patrimonio arquitectónico menos visible da cidade

Santiago de Compostela conta cun patrimonio arquitectónico que vai máis alá das fachadas e...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

O loito polo accidente de Urda obriga a aprazar o concerto de Kid Mount en Santiago: que pasará coas entradas?

O Concello de Santiago decidiu aprazar o concerto de Kid Mount previsto para este...

Clara Cantore presenta en Santiago ‘Regreso’, un disco que une as raíces musicais arxentinas e galegas

A cantante e compositora Clara Cantore presentará este venres, 30 de outubro, en Santiago...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here