InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA Xunta responsabiliza ao Concello de Santiago pola vertedura da Edar de...

A Xunta responsabiliza ao Concello de Santiago pola vertedura da Edar de Silvouta que afecta ao río Sar

Medio Ambiente advirte de que o Concello “non pode eludir a súa responsabilidade” e que Augas de Galicia continúa o control do episodio, que xa alcanza a desembocadura no Ulla

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Medio Ambiente informou de que Augas de Galicia intensificou o seguimento da vertedura detectada no río Sar, logo de recibir o pasado domingo unha alerta a través do Programa de Control de Verteduras (PCV). O departamento que dirixe Anxos Vázquez sostén que o episodio ten a súa orixe na Estación Depuradora de Augas Residuais (Edar) de Silvouta, cuxo titular é o Concello de Santiago e o promotor a sociedade estatal Acuaes.

Segundo indicou a Xunta, o organismo de conca actuou de inmediato e constatou que a depuradora presentaba un efluente moi turbio, de cor marrón e con cheiro a fecais, polo que se recolleron mostras e se iniciou un control da evolución do río. As inspeccións posteriores revelaron un aumento da afección, que se estende desde Compostela ata o municipio de Padrón, polo que se realizaron análises augas arriba e abaixo do punto de vertedura.

O martes, Augas de Galicia remitiu oficios ao Concello de Santiago e a Acuaes para instar á adopción “inmediata” das medidas necesarias. Porén, o mércores detectouse un novo empeoramento da situación, con presenza de contaminación ata a desembocadura do Sar no Ulla.

Desde a Edar informouse de que este xoves se puxo en marcha o proceso físico-químico da nova instalación, co obxectivo de someter o efluente a un tratamento máis completo. A Xunta confirmou que este venres o PCV realizará unha nova inspección e tomará mostras tanto do efluente tratado como do propio río, para comprobar se a contaminación diminúe.

Unha vez dispoñibles os resultados analíticos, a Consellería anunciou que avaliará os danos ocasionados e iniciará as actuacións administrativas correspondentes. O departamento autonómico lembrou que “o Concello, como titular da autorización de vertedura, non pode eludir a súa responsabilidade” e debe garantir o cumprimento das condicións establecidas na autorización, que, segundo a Xunta, non se están a respectar desde o pasado fin de semana.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...