InicioSANTIAGOO Concello e a Real Academia Galega de Ciencias homenaxean a Fernando...

O Concello e a Real Academia Galega de Ciencias homenaxean a Fernando Calvet cunha placa no Parque das Ciencias

A alcaldesa Goretti Sanmartín destacou a figura do químico como exemplo de modernización universitaria e compromiso social

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O Parque das Ciencias de Santiago acolleu este domingo o acto de descubrimento da placa dedicada ao científico Fernando Calvet y Prats, designado este ano Científico Galego do Ano pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). O acto contou coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, membros da corporación municipal —entre eles José Antonio Constenla (PP), Mercedes Rosón (concelleira non adscrita) e Marta Abal (PSOE)—, así como representantes da propia Academia e do Grupo Zendal, herdeiro dos laboratorios fundados polo homenaxeado.

Na súa intervención, a vicepresidenta da RAGC, Alicia Estévez, lembrou que Calvet foi “pioneiro e modernizador da química orgánica e da bioquímica en Galicia”. Destacou que creou o primeiro laboratorio galego de investigación en química orgánica e foi un dos impulsores da biotecnoloxía e da industria farmacéutica no país. Estévez subliñou tamén o seu papel como director científico dos Laboratorios Miguel Servet en Vigo, nos anos trinta, e posteriormente como fundador dos Laboratorios Celtia, xermolo do actual Grupo Zendal: “O polo biotecnolóxico do Porriño non existiría se non fose pola figura de Fernando Calvet”, sinalou.

A académica fixo fincapé nas numerosas patentes rexistradas polo científico, entre as que mencionou as relacionadas cos derivados de alcaloides e vitaminas, así como o insecticida ZZ, que lle deu grande recoñecemento. Ademais, resaltou a súa contribución á modernización da universidade, tanto pola incorporación das mulleres á investigación como pola promoción da vida cultural e asociativa do estudantado.

Pola súa banda, Goretti Sanmartín agradeceu á Academia “esta iniciativa que cada ano nos permite coñecer figuras fundamentais da ciencia galega”. A alcaldesa definiu a Calvet como unha persoa “cunha relación extraordinaria con Santiago, catedrático de Química Orgánica e home comprometido coa defensa das liberdades e coa idea de Galiza como país”.

Sanmartín recordou que o científico foi vítima da represión franquista de 1936, o que o afastou da carreira universitaria e o levou a desenvolver a súa actividade no ámbito privado, “onde acadou logros moi relevantes vinculados a Celtia”. A rexedora compostelá subliñou tamén a súa visión humanista da ciencia: “Entendía a investigación non como unha burbulla illada, senón como unha ferramenta para mellorar a sociedade”.

A coincidencia da homenaxe co aniversario da fundación do Seminario de Estudos Galegos levou a Sanmartín a trazar un paralelismo entre Calvet e os membros daquela institución: “Era unha figura próxima a ese espírito modernizador que defendía a apertura da universidade á sociedade, a igualdade e a identidade cultural”.

O acto, organizado pola RAGC co apoio do Concello de Santiago, insírese na serie de recoñecementos anuais que honran a figuras científicas galegas no espazo do Parque das Ciencias, convertido nos últimos anos nun lugar de memoria e divulgación da ciencia en Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here