InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello de Santiago adapta o proxecto de reurbanización de Castrón Douro...

O Concello de Santiago adapta o proxecto de reurbanización de Castrón Douro para recuperar a rasante orixinal da rúa

A Xunta de Goberno Local adxudica por 84.010 euros a redacción da modificación e a dirección das obras, que responden a unha petición veciñal

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou a adxudicación do contrato para redactar a modificación do proxecto da segunda fase da reurbanización da rúa Castrón Douro e para asumir a dirección facultativa das obras. O encargo foi concedido á UTE formada por Estudio Técnico Gallego e Acota Arquitectura Urbanismo y Construcción, por un importe de 84.010,30 euros.

O proxecto modificado terá como finalidade actualizar o plan elaborado en 2016, co obxectivo de recuperar a rasante orixinal da vía e corrixir a diferenza de cota existente entre o nivel da rúa e o das vivendas adxacentes, algunhas delas catalogadas polo seu valor patrimonial. Esta revisión técnica responde a unha demanda da veciñanza e busca mellorar a integración entre o espazo público e os inmobles.

Segundo explicou o Concello, os traballos definirán tanto os aspectos técnicos como económicos da intervención, que deberá contemplar a reorganización das redes de telecomunicacións e outros servizos soterrados, considerados o principal condicionante para axustar a rasante.

A actuación permitirá mellorar a accesibilidade, renovar os pavimentos e optimizar a prestación dos servizos públicos, ao tempo que se poñen en valor as edificacións históricas da rúa.

A modificación do proxecto forma parte dun compromiso adquirido pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, que se propuxo retomar o deseño inicial e crear espazos de socialización para a veciñanza, mantendo a coherencia coa primeira fase da reurbanización xa executada.

ÚLTIMAS

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

Santiago comparte con Cuba, México e Cabo Verde as súas políticas para compatibilizar o turismo coa vida veciñal

O Concello de Santiago de Compostela recibiu este xoves unha delegación institucional procedente de...

Área Central acolle unha exposición que recupera a historia ferroviaria da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle

O centro comercial Área Central acolle dende este xoves, 22 de outubro, a exposición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here