InicioSANTIAGOAMESA CIG denuncia o “desmantelamento” da Escola Infantil Merlín, con máis dun...

A CIG denuncia o “desmantelamento” da Escola Infantil Merlín, con máis dun mes de parálise e salarios impagados

O sindicato reclama a reapertura inmediata do centro, o pago das nóminas pendentes e a garantía dos postos de traballo das educadoras, que seguen sen respostas da empresa nin da Xunta

Publicado o

Xornal de Compostela

A CIG-Ensino alertou da “situación crítica” na que se atopa a Escola Infantil Merlín de Ames, pechada desde comezos de setembro e cun persoal que leva máis dun mes sen poder traballar nin cobrar os seus salarios. O sindicato denuncia que as educadoras se atopan “sen comunicación oficial coherente” nin por parte da empresa concesionaria nin da Xunta de Galicia, mentres que o Concello de Ames ofrece, segundo afirman, “vagas respostas burocráticas” que non permiten desbloquear a situación.

A central sindical considera que o caso supón “un proceso de desmantelamento dun servizo público esencial e da destrución de postos de traballo perfectamente viábeis”. A pesar de que, segundo a CIG, existe xa unha nova empresa disposta a asumir a xestión do centro, o edificio continúa pechado “por trabas burocráticas” e sen data para a súa reapertura.

As traballadoras acumulan xa tres meses sen percibir os seus salarios —correspondentes a xullo, agosto e setembro—, o que agrava unha situación que o sindicato cualifica de “anómala e insostíbel”. A incerteza afecta tamén ás familias usuarias, que seguen sen saber cando poderán retomar a escolarización das súas fillas e fillos nunha escola financiada con fondos da Xunta de Galicia.

A CIG-Ensino sinala directamente como responsables á empresa familiar saínte, dirixida por Carmen Santoro e Carlos Porto Santoro, á que acusan de “incompetencia e desleixo” por non cumprir coa súa principal obriga: pagar ás traballadoras. O sindicato lembra que xa presentou varias denuncias ante a Consellería de Política Social e Xuventude e que esta “segue mirando para outro lado” malia as advertencias.

A organización sindical tamén comunicou unha nova denuncia ante a Inspección de Traballo e reclama unha resposta “urxente e efectiva” que inclúa tres medidas principais: a reapertura inmediata da escola, o abono das nóminas pendentes e a garantía da continuidade dos postos de traballo e do servizo educativo público.

A CIG recoñece que tanto o Concello como a empresa entrante están a traballar para resolver o bloqueo, pero advirte que “non é admisíbel seguir xogando cos dereitos laborais das traballadoras nin co dereito das familias a un servizo educativo esencial”.

Non se pode permitir que, baixo a escusa dun cambio de xestión, se deixen a familias sen escola e a traballadoras sen dereitos. Estamos ante un novo episodio de desmantelamento de servizos esenciais e imos esixir responsabilidades”, conclúe o comunicado do sindicato.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here