InicioSUCESOSUn traballador sofre "graves lesións en brazos e pernas" tras un ataque...

Un traballador sofre “graves lesións en brazos e pernas” tras un ataque dun pitbull no refuxio de Bando

UXT pide responsabilidades ao Concello de Santiago e anuncia que acudirá a Inspección de Traballo.

Publicado o

Xornal de Compostela

UXT denunciou que un can de raza pitbull atacou a un traballador do refuxio de animais de Bando, en Santiago, o que provocou “graves lesións en brazos e pernas” ao operario, que realizaba tarefas rutineiras de limpeza das instalacións.

Segundo trasladou o sindicato, este mesmo can protagonizara un incidente semellante o pasado 29 de setembro, cando, tal e como asegura UXT, atacou a outra operaria que logrou evitar a mordedura grazas a unha rápida reacción. Tras isto, UXT afirma que trasladaron a información por correo electrónico ao concelleiro de Dereitos dos Animais, Xesús Domínguez, así como á alcaldesa, Goretti Sanmartín, instando a ambos a “adoptar medidas urxentes para evitar ter que lamentar consecuencias máis graves”. Tamén denunciaban a “ausencia dun protocolo de actuación para estes casos, a inexistente oferta de formación permanente para as persoas traballadoras do refuxio e as deficiencias do servizo”.

Agora, UXT avanzou que presentará denuncia ante Inspección de Traballo por grave risco para a saúde das persoas traballadoras e manifestou que confía en que se interveña con “maior contundencia” que nas dúas ocasións anteriores en que se dirixiron a esta institución.

RESPOSTA CONCELLO

Mentres, fontes do Concello de Santiago, que preside o Padroado do refuxio –formado por unha decena de municipios da zona–, aseguraron que están en contacto desde o primeiro momento coa dirección do centro, así como coa familia da persoa afectada para seguir a súa evolución.

Ademais, explicaron que o can involucrado no incidente chegou ao refuxio hai un mes e está cualificado como potencialmente perigoso. Neste sentido, detallaron que o Padroado, que se reuniu a semana pasada, avaliou a situación deste exemplar por mor dun primeiro expediente e xa se pediu á empresa encargada de riscos laborais formación específica por se non a tivesen sobre protocolos de actuación con animais agresivos ou potencialmente perigosos.

Do mesmo xeito, estas mesmas fontes afirmaron que o edil Xesús Domínguez solicitou informes á dirección do centro e á veterinaria para remitir ao xulgado, que será o que determine as actuacións pertinentes.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...