InicioECONOMÍASantiago terá taxa turística a partir de mañá: o TSXG rexeita a...

Santiago terá taxa turística a partir de mañá: o TSXG rexeita a suspensión solicitada polos hosteleiros

O tribunal lembra que a validez da norma se resolverá na sentenza e considera que non hai prexuízos irreparables para os hoteleiros

Publicado o

Xornal de Compostela

A sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou este martes denegar a suspensión cautelar solicitada pola Asociación Unión Hotelera Compostela contra a recarga municipal aplicada polo Concello de Santiago ao imposto autonómico sobre estadías turísticas.

No auto, contra o que non cabe recurso, o tribunal subliña que non entra a valorar a validez da coñecida como taxa turística, cuestión que se examinará cando se dite sentenza. “Non é o momento procesual en que se deba analizar o fondo da cuestión, nin de prexulgar a validez ou invalidez da regulación impugnada”, recolle a resolución.

Tras ponderar os intereses en conflito, os maxistrados conclúen que “non se evidencia que sexa de superior rango o interese sostido pola asociación recorrente en evitar a aplicación do tributo que o interese público inherente aos investimentos e gastos aos que o importe recadado afecta e a finalidade extrafiscal fixada pola disposición legal que o crea”.

O TSXG lembra que o mero feito de que a recarga entre en vigor non inutiliza o recurso presentado pola asociación, que poderá ser resolto no momento oportuno. Para acordar unha suspensión cautelar, engaden, sería preciso que a parte recorrente demostrase “de que forma afecta á súa esfera xurídica ou patrimonial a aplicación da disposición durante o tempo que dure o procedemento”.

Na súa análise, a Sala conclúe que non existe un prexuízo económico inmediato e evidente para o colectivo hoteleiro, xa que o gravame non recae directamente sobre os establecementos senón sobre os seus clientes. Así mesmo, considera que a aplicación da norma durante a tramitación do recurso non xera danos irreparables nin de difícil reparación.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here