InicioSUCESOSDúas persoas resultan feridas tras un accidente de tráfico na ponte de...

Dúas persoas resultan feridas tras un accidente de tráfico na ponte de San Marcos

Os bombeiros tiveron que excarcerar os ocupantes do vehículo, que foron trasladados ao hospital

Publicado o

Xornal de Compostela

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas na tarde deste domingo despois de que o coche no que viaxaban se saíse da vía e impactase contra un dos alicerces dun paso elevado da SC-20 ao seu paso por San Lázaro.

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse pasados uns minutos das 18:00, momento no que varios particulares alertaron á central de emerxencias de que os ocupantes do turismo non podían saír polos seus propios medios.

De inmediato mobilizáronse o 061, os Bombeiros de Santiago e a Policía Local, que se desprazaron ata o lugar. Os bombeiros empregaron ferramentas de excarceración para liberar ás dúas persoas atrapadas no interior do vehículo.

Unha vez rescatadas, ambas foron atendidas polos profesionais sanitarios e trasladadas en ambulancia ao hospital de referencia para continuar coa atención médica.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...