InicioECONOMÍASanmartín insiste en manter a tramitación da zona tensionada en Santiago

Sanmartín insiste en manter a tramitación da zona tensionada en Santiago

A alcaldesa ve necesario continuar o procedemento para regular prezos de alugueiro e mostra disposición a colaborar coa Xunta

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, manifestou este domingo que confía en que haxa “boa sintonía” na reunión prevista para este luns coa Xunta de Galicia, na que se analizará a declaración da capital galega como zona de mercado residencial tensionado.

Sanmartín subliñou que o procedemento “ten que seguir adiante” porque “beneficia aos veciños da cidade ao permitir unha regulación dos prezos”, cuestión que cualificou de “importante para todo o mundo”. A rexedora explicou que o encontro entre técnicos das dúas administracións debe servir tanto para “escoitar” como para “argumentar e xustificar” por que Compostela cumpre cos requisitos establecidos na lei.

A alcaldesa advertiu de que, ao estar o procedemento xa iniciado, “non se debe ir a ese desistimento”, senón continuar coa solicitude. “Nós entendemos que non hai que volver á ficha inicial, senón aclarar todo aquilo que sexa necesario”, engadiu.

En todo caso, Sanmartín destacou a súa “boa vontade” de chegar a acordos co Executivo galego e comprometeuse a fornecer “todos os datos que se lles soliciten” para avanzar no proceso.

A declaración de Santiago como zona tensionada suporía a posibilidade de limitar a suba dos alugueiros en áreas da cidade onde os prezos se dispararon nos últimos anos, un asunto que está a xerar debate político e social na capital galega.

ÚLTIMAS

Traballadores de Renfe gardan cinco minutos de silencio na estación de Santiago polas vítimas do accidente de Toledo

A estación de ferrocarril de Santiago de Compostela acolleu este xoves, 29 de outubro,...

Compostela lembra a ferida de Angrois e traslada a súa solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou este mércores a solidariedade da capital galega...

A Libraría Dixital da USC supera o millón de visitas e o seu portal de revistas alcanza os sete millóns de descargas

A Universidade de Santiago de Compostela rexistrou no que vai de 2026 máis dun millón...

O falecemento da vítima volve suspender o xuízo contra tres acusados de secuestrar un home en Santiago por unha débeda de 20 euros

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, volveu suspender...

O VIII Congreso Internacional Aeroespacial reúne en Santiago a máis de 200 representantes do sector

O VIII Congreso Internacional Aeroespacial (CIAG) reuniu no Palacio de Congresos de Santiago de...

O Concello aproba a rehabilitación do Palacete do Espiño por 1,2 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns, 26 de...

Rosa Crujeiras reclama medidas para garantir o acceso á vivenda do estudantado universitario

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, reclamou que se adopten...