InicioSANTIAGOAMESO FC Meigas debuta este sábado na Copa Galicia recibindo ao Vilalba...

O FC Meigas debuta este sábado na Copa Galicia recibindo ao Vilalba FS

O equipo amesán afronta a súa terceira tempada na Segunda Federación Futsal cun cadro renovado con dez fichaxes

Publicado o

Xornal de Compostela

O FC Meigas inicia este sábado 30 de agosto a súa andaina competitiva da tempada coa disputa da fase inicial da XIX Copa Galicia feminina, na que se enfrontará ao Vilalba FS. O encontro terá lugar ás 20:00 no pavillón municipal de Bertamiráns, e o vencedor desta eliminatoria medirá forzas na seguinte rolda contra o Burela FS.

A escuadra amesá chega a este debut oficial tras completar tres semanas de pretempada e dous amigables fronte a Composala e Ourense Ontime B, ademais de ter programados dous novos encontros preparatorios na primeira semana de setembro, contra o FSF Castro (día 3) e o Estrela Futsal (día 6).

O plantel do Meigas presenta dez incorporacións, procedentes de Madrid, Ávila, León, Cantabria, Brasil e Colombia, que se suman ás cinco xogadoras que continúan da pasada campaña. O equipo afronta así a súa terceira tempada consecutiva na Segunda Federación Futsal feminina, con obxectivo de consolidar o proxecto deportivo.

O calendario competitivo tamén inclúe outra cita destacada: o 13 de setembro, o conxunto amesán recibirá ao Valdetires Ferrol na fase previa da Copa da Raíña, torneo no que participará por segundo ano consecutivo. Pola súa banda, a liga de Segunda Federación dará comezo a partir da terceira fin de semana de setembro.

Segundo sinalan desde o club, o novo grupo combina xuventude e experiencia internacional, e busca reforzar a proxección do Meigas tanto no ámbito galego como estatal. O debut deste sábado en Bertamiráns marcará o punto de partida dunha tempada chea de retos para o fútbol sala feminino en Ames.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here