InicioSANTIAGOAMESUCIN Teo critica o reparto dos orzamentos municipais e pide máis apoio...

UCIN Teo critica o reparto dos orzamentos municipais e pide máis apoio ao comercio e á cultura

A formación considera insuficientes as partidas destinadas a turismo, comercio e cultura fronte ao aumento do investimento en infraestruturas

Publicado o

Xornal de Compostela

O coordinador de UCIN Teo, Álex Regueiro, expresou publicamente o seu rexeitamento aos orzamentos municipais de 2025, presentados polo Concello, que ascenden a 2,6 millóns de euros en melloras da rede viaria e outras infraestruturas locais. Esta cantidade supón un incremento de 1,1 millóns respecto ao exercicio anterior.

Segundo explicou Regueiro, a formación non cuestiona a relevancia de mellorar as infraestruturas, mais critica que esta aposta supoña deixar en segundo plano áreas que considera estratéxicas para o futuro do municipio. Entre elas destacou o turismo, o comercio e a cultura, que no seu conxunto recibirán partidas “claramente insuficientes”.

En concreto, os orzamentos reservan 270.000 euros para turismo e comercio, cifra que UCIN Teo cualifica de limitada para apoiar o tecido económico. “O comercio agoniza, os locais pechan e o turismo segue a ser unha oportunidade desaproveitada”, advertiu o coordinador, que reclamou un plan máis ambicioso para dinamizar a economía local.

No ámbito cultural, a dotación prevista é de 700.000 euros, onde se inclúen proxectos de restauración do patrimonio. Regueiro sinalou que isto deixa ás asociacións culturais con recursos moi reducidos: “Son o corazón da vida cultural en Teo e deberían contar cun apoio decidido por parte do Concello”.

Desde UCIN Teo deféndese a necesidade dun maior equilibrio nos investimentos, con estratexias que fortalezcan a cultura, apoien ao pequeno comercio e impulsen o turismo. Para a formación, estes sectores xeran tanto actividade económica como cohesión social.

“Queremos uns orzamentos xustos, que pensen na veciñanza e no futuro do noso municipio”, concluíu Regueiro, quen advertiu de que Teo non pode seguir perdendo oportunidades mentres o comercio local e a cultura “loitan por sobrevivir”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here