InicioECONOMÍAO IES Arcebispo Xelmírez II será rehabilitado cun investimento de case 2...

O IES Arcebispo Xelmírez II será rehabilitado cun investimento de case 2 millóns de euros

As obras comezarán en decembro e terán un prazo de execución de nove meses, cun aforro enerxético previsto do 80%

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, presentou hoxe en Santiago o proxecto de rehabilitación integral do IES Arcebispo Xelmírez II, que contará cun investimento próximo aos 2 millóns de euros e que sae hoxe mesmo a contratación. A previsión é que os traballos comecen en decembro de 2025, cun prazo de execución de nove meses.

Rodríguez explicou que o obxectivo é mellorar o confort e a funcionalidade do centro tanto para alumnado como para profesorado, á vez que se avanza na eficiencia enerxética, cunha redución estimada do consumo do 80%. A actuación enmárcase no Plan de nova arquitectura pedagóxica, a estratexia coa que a Xunta está modernizando os centros educativos da comunidade.

As intervencións previstas inclúen a substitución dos 2.545 m² de cuberta por unha nova de panel sándwich con illamento de lá de roca, a renovación de 143 xanelas e 10 portas con sistemas de rotura de ponte térmico e dobre acristalamento, e a instalación de 174 luminarias LED con sensores de presenza. Tamén se contempla a substitución das antigas caldeiras de gasóleo por catro equipos de biomasa con silo de almacenamento e novos colectores de calefacción, co que se reducirá o impacto ambiental.

Ademais, o proxecto inclúe un sistema SATE de illamento exterior en 2.903 m² de fachada, a renovación da fontanería nos aseos da segunda planta, a colocación de falsos teitos en baños, vestiarios e salón de actos, a mellora da rede de saneamento e o pintado das paredes interiores afectadas polas novas carpinterías. Tamén se actuará na estrutura metálica da cuberta dos vestiarios, que será reparada, eliminando os óxidos e aplicando tratamento protector.

Segundo salientou Rodríguez, trátase dunha intervención “necesaria para garantir a modernización dun centro de referencia en Santiago e para ofrecer un servizo educativo máis eficiente, sustentable e adaptado ás necesidades actuais”.

ÚLTIMAS

Publicada no BOE a declaración de Santiago como zona de vivenda tensionada, que entra en vigor o xoves

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a declaración de zona de mercado residencial...

Comeza unha nova etapa de mobilidade en Compostela: ábrese o prazo para adxudicar 29 novas licenzas de taxi

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou este luns as bases reguladoras...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Luz verde a máis de 1 millón de euros para actuacións en concellos do Camiño Francés

O Goberno galego aprobou este luns un acordo que autoriza a firma dun novo...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...