InicioSANTIAGOAMESAmes celebra unha nova edición da ‘Volta ao cole co comercio’ con...

Ames celebra unha nova edición da ‘Volta ao cole co comercio’ con sorteos e actividades infantís

O Milladoiro e Bertamiráns acollerán os días 3 e 5 de setembro dúas xornadas de dinamización comercial con premios e propostas lúdicas para as familias

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica e Mocidade, e en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), presentou esta mañá no parque do Ameneiral a cuarta edición da iniciativa ‘Volta ao cole co comercio’, unha proposta que combina actividades infantís e sorteos para dinamizar o comercio e a hostalaría local nos días previos ao inicio do curso escolar.

As xornadas terán lugar o 3 de setembro no Milladoiro (zona verde da travesía do Porto) e o 5 de setembro en Bertamiráns (parque do Ameneiral), en horario de 17:00 a 20:30. O programa inclúe inchables diferenciados por idades, maquillaxe infantil e unha holi party con polvos de cores, ademais dun sorteo final de 40 vales de 20 euros cada un, organizados polo Concello, para gastar en librarías e papelerías dos dous núcleos.

Entre os comercios participantes atópanse establecementos de Bertamiráns como Mainomen, Leria, Eva Hogar, Chavián, Carlín, Recunchos Didácticos, Dipe Regalos e Bandini; e do Milladoiro como Nenos Nais, Mouse, Boo, Anauco, Folerpa e Piedra Papel Tijera.

A maiores, a XEA porá en marcha unha ruleta con premios directos –libretas, bolígrafos, rotuladores, xogos, bolsas de tea e lambetadas– á que se poderá acceder con compras superiores a 10 euros nos comercios adheridos.

Durante a presentación, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou que “este xa é o cuarto ano que facemos a Volta ao Cole e, ademais de dinamizar as nosas rúas, buscamos axudar ás familias economicamente co inicio do curso cos sorteos de vales en material escolar”. Pola súa parte, a concelleira de Mocidade, Carmen Porto, subliñou que “a volta ás aulas supón un gran desembolso económico, polo que esta iniciativa supón un pequeno apoio e, ao tempo, unha xornada de diversión para a rapazada”.

A xerente de XEA, Beatriz López, explicou que nesta edición mudouse o sistema de participación nos sorteos, “de maneira que con compras superiores a 10 euros nos comercios adheridos se garante un premio seguro”. López engadiu que nas pasadas edicións os establecementos de papelería e librería “notaron un aumento considerable nas vendas”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here