InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOSantiago executa obras de mellora no pavimento de chapacuña en varias rúas...

Santiago executa obras de mellora no pavimento de chapacuña en varias rúas do centro

As intervencións xa remataron en Tras Santa Clara e Hospitaliño, e continúan noutras rúas como Coimbra, Chaparra e Angustia

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago está a desenvolver este verán un plan de reparación e renovación do pavimento de chapacuñaen diferentes puntos do centro histórico e da súa contorna. O obxectivo é conservar este elemento tradicional do viario compostelán, ao tempo que se mellora a seguridade e a accesibilidade dos espazos públicos.

Os traballos xa se completaron na rúa de Tras Santa Clara e na rúa do Hospitaliño, onde se interveu entre o 4 e o 8 de agosto. Actualmente, as actuacións céntranse na avenida de Coimbra —programada do 18 ao 25 de agosto—, así como na rúa da Chaparra e na rúa da Angustia. A seguinte fase arrancará esta mesma semana na rúa do Rosario.

Tamén están previstas intervencións nas rúas de Bonaval e dos Loureiros. Neste último caso, a reparación do pavimento desenvolverase de maneira coordinada coas obras do paso de peóns, que obrigarán a cortar o tráfico o 22 de agosto. O prazo de execución desta actuación será de dous meses.

O concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, explicou que “estas actuacións forman parte dun plan continuo de coidado e mellora do espazo público, co obxectivo de facilitar a mobilidade, garantir a seguridade viaria e preservar o carácter histórico das nosas rúas”. Engadiu, ademais, que se procura minimizar as molestias á veciñanza mediante unha planificación axustada aos meses de verán e cun diálogo constante cos residentes.

Este plan de mantemento permite conservar o patrimonio viario, mellorar a integración co entorno urbano e avanzar cara a unha Compostela máis accesible e pensada para as persoas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here