InicioSANTIAGODetido o presunto autor de varios incendios na zona de Santiago desde...

Detido o presunto autor de varios incendios na zona de Santiago desde o mes de xullo

O presunto autor dos lumes foi identificado e localizado pola Policía nunha zona da vía pública onde durmía, e procedeuse á súa detención. O sospeitoso foi posto a disposición do xulgado de instrución de garda de Santiago.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Nacional detivo ao presunto autor de varios incendios na zona de Santiago, rexistrados desde mediados do mes de xullo ata mediados de agosto, e que afectaron a puntos urbanos e periurbanos.

A investigación enmarcouse nos dispositivos de prevención e investigación do plan PLADIGA, que posibilitaron a coordinación entre efectivos de Policía Nacional e Policía Local.

As pescudas permitiron a intervención de varios chisqueiros e mistos nunha bolsa, e a identificación, por parte de membros do grupo de patrimonio da Brigada Local de Policía Xudicial, do presunto autor de, polo menos, 5 incendios.

Nalgúns casos os incendios foron en caixas de correos exteriores dun edificio e colectores de residuos urbanos na zona centro da cidade, cuxos danos foron valorados en máis de 5.000 euros, así como en diversas zonas de matogueira periurbano, limítrofe con naves comerciais.

Para evitar a propagación das chamas a edificios ou estruturas de abastecemento de auga, foi necesaria a intervención coordinada dos servizos de bombeiros e axentes forestais, utilizando motobombas forestais e vehículos abastecedor. Nalgún dos casos queimáronse 1.200 metros cadrados de leiras.

O presunto autor dos lumes foi identificado e localizado pola Policía nunha zona da vía pública onde durmía, e procedeuse á súa detención. O sospeitoso foi posto a disposición do xulgado de instrución de garda de Santiago.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...