InicioSOCIEDADEDetido un menor acusado de causar varios incendios en Compostela

Detido un menor acusado de causar varios incendios en Compostela

O arresto realizouse tras varios inicios de lume entre os días 7 e 17 de agosto nos barrios de Vidán e A Rocha

Publicado o

Xornal de Compostela

Un menor foi detido en Santiago de Compostela acusado de provocar varios incendios na cidade, segundo informou da Policía Nacional, que levou a cabo o arresto. Trátase dun mozo que xa protagonizou, segundo outras fontes consultadas por Europa Press, feitos similares. Por parte da Fiscalía, tras a súa detención ordenouse o seu ingreso nun centro de internamento de menores.

O seu arresto produciuse no marco das actuacións levadas a cabo por funcionarios da Comisaría de Policía Nacional en Santiago de Compostela, en colaboración coa Policía Local, para a prevención de incendios.

En concreto, entre os días 7 e 17 de agosto detectáronse varios inicios de incendio nos barrios de Santiago de Vidán e A Rocha polo que se intensificaron as patrullas na zona mencionada.

Froito da presenza policial e da colaboración cidadá, procedeuse á detención dun menor, residente nos barrios mencionados, como presunto autor dos delitos de incendio investigados. Ao detido, fóronlle intervidos dous chisqueiros.

A zona afectada polo sete incendios detectados e nos que participou o servizo forestal de extinción de incendios e os bombeiros, foi de 1,36 hectáreas aproximadamente de extensión.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Aparece morto o home detido o venres por tres agresións sexuais en O Milladoiro

O home que fora detido o venres en relación con tres supostas agresións sexuais...

Un sinistro con catro coches deixa dous feridos en Compostela

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas ao hospital tras un accidente...

Atopan morta a muller de 79 anos desaparecida en Santiago dende o pasado xoves

Fin tráxico á procura da veciña de Santiago que levaba en paradoiro descoñecido dende...