InicioSUCESOSUnha colisión entre dous turismos en Santa Marta deixa varios feridos, entre...

Unha colisión entre dous turismos en Santa Marta deixa varios feridos, entre eles a concelleira do PP María Baleato

O sinistro, ocorrido na confluencia entre a avenida da Liberdade e a rúa María Casares, obrigou a intervir aos Bombeiros e ao 061

Publicado o

Xornal de Compostela

Un accidente de tráfico ocorrido na tarde deste luns na confluencia da avenida da Liberdade coa rúa María Casares, no barrio compostelán de Santa Marta, saldouse con varios feridos, entre eles a concelleira do Partido Popular en Santiago, María Baleato.

Segundo diversas fontes, o sinistro tivo lugar pouco despois das 19:00, cando por causas que aínda se investigan, dous turismos colidiron, provocando que un deles acabase envorcado sobre a calzada.

A situación xerou unha importante mobilización de medios de emerxencia. Ata o lugar desprazouse unha dotación dos Bombeiros de Santiago, ante a sospeita inicial de que podería haber persoas atrapadas nos vehículos. Finalmente, os efectivos non tiveron que realizar traballos de excarceración, pero colaboraron para facilitar a saída dunha das ocupantes feridas, que necesitaba asistencia médica.

O Servizo de Urxencias Sanitarias atendeu unha muller que resultou ferida, mentres que o resto das persoas implicadas presentaban feridas de carácter leve. Entre estas atopábase María Baleato, edil popular no Concello de Santiago, que viaxaba nun dos vehículos accidentados.

No operativo tamén participaron efectivos da Policía Local, encargados de regular o tráfico na zona e de elaborar o atestado para esclarecer as causas do accidente. A confluencia afectada, unha das vías con maior intensidade circulatoria da zona sur de Compostela, rexistrou retencións puntuais como consecuencia do sinistro.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...