InicioSANTIAGOAMESBertamiráns toma o relevo das festas coa celebración da Peregrina tras o...

Bertamiráns toma o relevo das festas coa celebración da Peregrina tras o peche da Madalena no Milladoiro

O programa ‘Ames en Festas 2025’ continúa ata o domingo cunha ampla oferta musical, actividades infantís, romaría urbana e un festival para artistas emerxentes

Publicado o

Xornal de Compostela

A música, a troula e a participación veciñal seguen sendo protagonistas no concello de Ames coa chegada das festas da Peregrina a Bertamiráns, que se celebran desde este mércores, 6 de agosto, ata o domingo 10, no marco do programa conxunto ‘Ames en Festas 2025’, que por cuarto ano consecutivo enlaza as celebracións nos dous principais núcleos do municipio: O Milladoiro e Bertamiráns.

Tras cinco días de festexos no Milladoiro, onde se congregaron arredor de 7.000 persoas, a actividade cultural e musical trasládase a Bertamiráns. A apertura corre a cargo da orquestra Cinema e do DJ Sergio Telmo, mentres que os vindeiros días traerán ao escenario nomes como Panorama, Metrópolis ou Compostela, así como concertos de artistas locais e do ámbito galego.

Durante as festas da Madalena no Milladoiro, que comezaron o 1 de agosto co Millarock, a programación combinou propostas infantís, verbena, rock e un pregón a cargo de mozos da asociación Arcea-Adames, entidade referente no traballo pola inclusión. A verbena de peche, coa orquestra Olympus, tivo que ser suspendida por motivos meteorolóxicos e será reprogramada.

FESTIVAL EMERXENTE E ROMARÍA URBANA

Un dos principais atractivos desta edición das festas é a primeira edición do Festival Emerxente, que se celebra o xoves 7 de agosto no parque do Ameneiral. A cita pretende ser unha plataforma de visibilidade para novos artistas da contorna, que poderán presentar os seus proxectos ante o público. Participarán Helena Pazos, Mr. T, Lepayitss e Komojo, nunha tarde dedicada á música en directo.

Tamén destaca no calendario a romaría urbana do sábado 9, que busca revitalizar o centro da vila e dinamizar o consumo local. Comezará ao mediodía cunha sesión vermú e concertos de Tabernarias, para continuar con actuacións de Arde, Monoulious Dop, Luis Fercán e Biribirlocke, ademais de contar con postos de comida, obradoiros e inchables para os máis pequenos.

PROGRAMACIÓN DIVERSA E CARAVANA MORADA

A proposta da Peregrina inclúe tamén pasarrúas diarios, actividades para a infancia e sesións vermú. O venres 8, o artista Mondra, natural de Teo, ofrecerá un concerto no parque do Ameneiral, presentando o seu último traballo De Ronda. Ese mesmo día, a verbena estará amenizada pola Charleston Big Band e a disco móbil CDC Visual.

Ademais, na noite do xoves 7 estará operativa unha caravana morada, situada no aparcadoiro do Pazo da Peregrina entre as 22:00 e as 5:00, para atender e denunciar calquera agresión machista que puidese producirse durante as festas.

O peche da programación será o domingo 10, cunha completa xornada que inclúe actuacións da Banda de Música de Calo, da agrupación Airiños do Paseo de Colón, e unha sesión vermú e verbena da man da orquestra Compostela. O pregón de despedida, ás 22:30, será pronunciado por Ronald Rojas, veciño migrante de Venezuela asentado en Bertamiráns.

O programa ‘Ames en Festas 2025’, promovido polo Concello de Ames, as comisións organizadoras da Madalena e da Peregrina e Xuventude Ames, ofrece durante estas dúas semanas unha ampla e diversa proposta cultural que aposta pola música galega, a participación local e a dinamización do espazo público.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here