InicioPOLÍTICASantiago ve "clara intención política" na decisión da Xunta sobre a zona...

Santiago ve “clara intención política” na decisión da Xunta sobre a zona tensionada

A alcaldesa destaca que a Xunta "non pode denegar" a declaración de zona tensionada porque Santiago cumpre os requisitos.

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, ve unha “clara intención política” na decisión da Xunta de dar por desistida a solicitude do Concello de declarar a capital como zona de mercado residencial tensionado. Con todo, a rexedora avisa que o seu goberno “non desiste nin vai desistir” para conseguir esta declaración que permitiría limitar a subida dos alugueres.

Nun audio remitido aos medios, Sanmartín critica que a resposta da Xunta chegase “antes á prensa”, a través dun comunicado, “que ao Concello”. Isto, ao seu xuízo, “demostra unha clara intención política” e que ao PP “non lle interesa que se conteñan os prezos do aluguer” na cidade, pero advirte que “a principal vítima” é a poboación compostelá. En concreto, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) deu por desistida a solicitude porque o goberno local non ofreceu unha “resposta válida” ao requirimento de emendar e completar a documentación.

A alcaldesa destaca que a Xunta “non pode denegar” a declaración de zona tensionada porque Santiago cumpre os requisitos e que o que fai é “deixar nas pavías” o procedemento, xa que agora o Concello debe volver presentar a súa solicitude.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Saleta Chao asumirá Facenda, Persoal, Contratación e Modernización no Concello de Santiago

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, confirmou este venres que Saleta Chao...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

Un estudo sobre o canco colorrectal do CHUS-IDIS recibe un dos Premios DISCOVERGI

A doutora Nieves Martínez Lago, do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario...