InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO PP propón crear un Plan Director de Infraestrutura Verde para avaliar...

O PP propón crear un Plan Director de Infraestrutura Verde para avaliar o estado do arborado e dos parques en Santiago

Constenla critica a inacción do goberno local e a falta de información sobre zonas como a Alameda, San Lourenzo ou a contorna do río Sarela

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, instou ao goberno local a impulsar un Plan Director de Infraestrutura Verde e Biodiversidade co obxectivo de garantir a seguridade e conservación das zonas verdes da cidade. A proposta busca establecer unha diagnose precisa do estado do arborado e dos espazos naturais, así como definir liñas de actuación para mellorar a súa xestión e preservación.

Durante a súa intervención, Constenla puxo o foco na falta de avances do Plan Director da Alameda, que considera un exemplo do “desleixo” na planificación ambiental por parte do executivo municipal. “A Alameda é un dos espazos máis emblemáticos de Compostela e seguimos sen noticias do seu plan de conservación”, afirmou.

O edil popular lembrou que Santiago conta cun dos patrimonios arbóreos máis ricos de Europa, mais considera que o coidado que recibe está lonxe de reflectir a suposta preocupación ambiental do goberno local. Advertiu de que en días de meteoroloxía adversa son frecuentes as caídas de árbores de gran porte, especialmente na Alameda e na carballeira de San Lourenzo, sen que exista un sistema coñecido de prevención ou avaliación de riscos.

Constenla tamén mencionou o río Sarela como outro dos puntos críticos: “A marxe fluvial atópase nun estado de deterioro progresivo, cunha biodiversidade sen control e árbores caídos que, segundo denuncian os veciños, poden pasar meses sen seren retirados”, declarou.

Segundo a proposta presentada polo Partido Popular, o Plan Director permitiría avaliar o estado real das zonas verdes compostelás, establecer obxectivos estratéxicos e deseñar accións concretas para conservar, mellorar e potenciar o patrimonio natural da capital galega. A formación considera que esta ferramenta é imprescindible para garantir unha xestión responsable e sostida das áreas verdes e responder ás preocupacións crecientes da cidadanía.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

‘Compostella Expeditio’ recrea o Santiago medieval nunha experiencia de realidade virtual

A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolle desde este martes 'Compostella Expeditio',...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Santiago converterá as galerías entre Rosalía de Castro e a Rúa Nova de Abaixo nunha galería de arte urbana

As galerías que comunican Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo deixarán de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here