InicioPOLÍTICAHostaleiros de Santiago reiteran o seu "rexeitamento unánime" á taxa turística

Hostaleiros de Santiago reiteran o seu “rexeitamento unánime” á taxa turística

A Unión Hoteleira insiste en que a medida penaliza aos visitantes que pernoctan e ignora aos excursionistas que saturan a cidade.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Unión Hoteleira de Compostela (UHC) manifestou de novo o seu “rexeitamento unánime” á implantación da taxa turística en Santiago, cuxa votación está prevista para este xoves no pleno do Concello. Nunha reunión celebrada este martes, os hostaleiros reforzaron a súa postura contraria ao tributo, a pesar do adiamento anunciado polo goberno local, que decidiu pospor a súa aplicación ata outubro tras dialogar co sector.

A UHC, que representa a maioría da planta hoteleira da cidade e máis de 1.000 empregos directos, considera que xa contribúe amplamente ás arcas municipais mediante impostos como o IBI, e que a medida penaliza os visitantes que pernoctan, ignorando os excursionistas ou grupos que saturan a cidade sen apenas consumo local.

A asociación cualifica a taxa de “inxusta”, “mal deseñada” e “precipitada”, advertindo que xera inseguridade xurídica tanto para os establecementos como para os visitantes, que poderían rexeitar o pagamento dun custo inesperado. Ademais, sinalan que a carga administrativa non debería recaer nos hoteleiros e critican a ausencia de control sobre outros modelos de aloxamento, como os pisos turísticos.

Defenden que o verdadeiro reto é a xestión eficiente do turismo, e non só a recadación, apostando por medidas que ordenen os fluxos, protexan a convivencia e reforcen os servizos públicos. Para a UHC, o turismo que dorme en Santiago non colapsa a cidade, senón que dinamiza a economía local.

O GOBERNO DE SANTIAGO “CONFÍA NA APROBACIÓN”

O goberno local de Santiago confía en que o pleno municipal aprobe este xoves a ordenanza da taxa turística, asegurando que a decisión de impulsala “está tomada”, malia o rexeitamento expresado por parte dos hostaleiros.

A concelleira de Capital Cultural e Turismo, Míriam Louzao, respondeu en rolda de prensa ás críticas da Unión Hoteleira de Compostela, lembrando que se atenderon todas as alegacións presentadas —sete en total— das cales cinco foron desestimadas. Subliñou que o presidente da UHC participou nas reunións mantidas e que os informes xurídicos avalan a legalidade da medida.

Louzao insistiu en que a proposta foi explicada aos grupos municipais e conta co apoio previo de BNG, Compostela Aberta, o PSOE e os catro edís non adscritos, mentres que o PP se abstivo. Por iso, agarda que a ordenanza volva recibir respaldo maioritario no pleno e que o debate social arredor da taxa evolucione “cara a un ton máis acougado”. A concelleira defendeu o dereito dos hostaleiros a discrepar, mais advertiu que a oposición ao imposto non impedirá a súa implantación.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...