InicioSANTIAGOO CiMUS da USC identifica un novo mecanismo que fortalece a acción...

O CiMUS da USC identifica un novo mecanismo que fortalece a acción dunha proteína clave contra o cancro

O achado podería mellorar a eficacia de terapias experimentais como o Pevonedistat, segundo destaca o grupo 'Virus and Cancer'

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo de investigación ‘Virus and Cancer’, do Centro Singular de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), vén de facer público un avance relevante na loita contra o cancro. A través dun estudo publicado na revista Cell Death and Disease, o equipo identificou un novo mecanismo de regulación da proteína p14ARF, unha molécula implicada na supresión do crecemento tumoral.

Segundo explicou a coordinadora do grupo, Carmen Rivas, este mecanismo baséase na interacción entre p14ARF e unha proteína modificadora denominada SUMO, que permite estabilizar p14ARF nas células e manter a súa acción antitumoral durante máis tempo. Esta proteína actúa como un freo natural ao desenvolvemento de tumores, pero adoita estar en niveis moi baixos en moitos tipos de cancro.

“Identificamos un mecanismo que axuda a estabilizar a proteína p14ARF, cuxa presenza está reducida en moitos tipos de cancro. Isto permite á célula defenderse mellor fronte ao desenvolvemento tumoral”, sinalou Rivas.

O traballo tamén destaca a conexión desta vía molecular cun novo tratamento antitumoral en fase experimental, o Pevonedistat. Segundo os resultados do estudo, o tratamento con este composto activa a ruta de estabilización de p14ARF, incrementando a súa presenza e favorecendo a morte das células cancerosas, polo que o seu uso combinado podería potenciar o efecto terapéutico.

A investigación foi cofinanciada con fondos europeos e contou cunha ampla rede de colaboración entre institucións nacionais e internacionais. Participaron o Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB) e o Instituto de Investigacións Biomédicas Sols-Morreale (IIBM) do CSIC en Madrid, así como o CIC bioGUNE de Bilbao e grupos de Francia e Canadá, o que subliña a dimensión internacional do proxecto e a relevancia dos seus resultados no contexto global da investigación biomédica.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...