InicioSUCESOSIntervidos 150 paquetes de tabaco chegado de Lanzarote en Lavacolla

Intervidos 150 paquetes de tabaco chegado de Lanzarote en Lavacolla

O destino final da mercadoría era Boiro

Publicado o

Xornal de Compostela

Garda Civil, en coordinación con efectivos da Axencia Tributaria, incautaron 150 paquetes de tabaco no aeroporto Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, que incumprían a cantidade máxima permitida pola normativa de Impostos Especiais. Segundo informou o instituto armado, o tabaco, valorado aproximadamente en 750 euros, procedía de Lanzarote e tiña como destino final a localidade de Boiro.

Esta intervención enmárcase nos controis habituais que a Garda Civil realiza, mediante o seu Servizo Fiscal e de Fronteiras, de forma continuada nas instalacións aeroportuarias e en estreita colaboración coa Axencia Tributaria. Como resultado desta actuación, levantouse a correspondente acta de infracción administrativa por contrabando de tabaco. Os 150 paquetes intervidos quedaron a disposición da Autoridade competente.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...