InicioSANTIAGOO empresario detido en Santiago está vinculado a unha rede de fraude...

O empresario detido en Santiago está vinculado a unha rede de fraude na venda de bebidas alcohólicas

A detención está vinculada coa operación que desarticula unha organización especializada na fraude de preto de 69 millóns no sector das bebidas alcohólicas.

Publicado o

Xornal de Compostela

O empresario que foi detido pola Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil o pasado martes en Santiago de Compostela está vinculado a unha organización á que se lle atribúe a suposta fraude de preto de 69 millóns de euros na venda de bebidas alcohólicas entre 2018 e 2024. Segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press, o home foi posto a disposición da Fiscalía Europea xunto a outro sete persoas detidas despois de que os investigadores realizasen rexistros en Santiago de Compostela, Madrid, Barcelona, Eivissa, Jerez de la Frontera e Madrid.

En concreto, na capital galega, sobre as 8,00 horas do pasado martes, un equipo de investigación da UCO, xunto a efectivos da Comandancia da Coruña, entraron tras forzar a porta no domicilio do empresario, situado na rúa Algalia de Abaixo. Alí, os investigadores efectuaron un rexistro, en presenza do empresario, que se prolongou ata minutos despois das 15,00 horas, cando os axentes abandonaron o inmoble xunto ao detido, que foi introducido nun vehículo patrulla da Garda Civil.

ORGANIZACIÓN “ESPECIALIZADA NA FRAUDE MASIVA”

A detención deste empresario en Santiago de Compostela está vinculada coa operación coa que a Garda Civil e a Axencia Tributaria dan por desarticulada unha importante organización criminal especializada na fraude masiva de preto de 69 millóns no sector das bebidas alcohólicas, responsable de eludir entre 2018 e 2024 o pago de IVE correspondente ás transaccións comerciais realizadas.

A través dun comunicado conxunto remitido este xoves, as entidades que tomaron parte á denominada ‘Operación Gallagher’, Garda Civil e Axencia Tributaria baixo a dirección da Fiscalía Europea, explicaron que a operativa defraudadora realizábase coa participación de depósitos fiscais establecidos principalmente en Holanda, Portugal e España. Os investigadores puideron corroborar a importación de grandes cantidades de alcol desde depósitos fiscais de varios Estados membros ata un depósito fiscal en España, lugar onde o alcol ingresa con suspensión do pago de tributos, conforme á lexislación europea.

O texto especifica que a organización criminal estaba especializada desde hai anos no perfeccionamento de delitos contra os intereses financeiros da Unión Europea e contra a Facenda Pública, operando no mercado das bebidas alcohólicas a través dunha estrutura empresarial conformada por 93 mercantís españolas, portuguesas, alemás, maltesas e de Illas Turcas e Caicos. Os xefes da organización criminal, dirixida por tres cidadáns españois, valeríanse dunha estrutura de homes de palla situados á fronte de numerosas empresas instrumentais, o que lles permitía desvincularse aparentemente da actividade comercial, dificultar a rastrexabilidade do produto e facer recaer sobre estas mercantís, as responsabilidades penais derivadas da actividade delituosa.

En total, nas 19 entradas e rexistros practicadas en Madrid, Barcelona, Santiago, Eivissa, Jerez de la Frontera e Valencia, foron detidos oito membros desta organización e tamén se interviñeron preto de 400.000 euros en efectivo, máis de 1 millón de euros en contas bancarias, 1 iate, 34 reloxos de luxo, 5 vehículos de alta gama, así como a solicitude de embargo de 21 inmobles.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...