InicioSOCIEDADEAparecen novas pintadas na Catedral de Santiago, na fachada da Praza da...

Aparecen novas pintadas na Catedral de Santiago, na fachada da Praza da Inmaculada

Os actos vandálicos volveron ao templo en forma duns nomes escritos en negro, nunha esquina fronte ao acceso ao arcebispado, no lado contrario ás casetas de venda de recordos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Catedral de Santiago foi obxecto de novas pintadas, que apareceron nas últimas horas na fachada da Praza da Inmaculada. Os actos vandálicos volveron ao templo en forma duns nomes escritos en negro, nunha esquina fronte ao acceso ao arcebispado, no lado contrario ás casetas de venda de recordos.

O goberno de Santiago lamentou estes feitos delituosos e lembrou que se realizou unha campaña de concienciación sobre “a importancia de coidar o patrimonio, especialmente nunha cidade como Santiago, considerada Patrimonio da Humanidade”. Este tipo de delitos, que supoñen un dano ao patrimonio público, poden levar tanto sancións administrativas –desde os 300 euros nos casos máis leves– como penais.

PINTADAS ANTERIORES

Ademais doutros danos no templo e na súa contorna en distintos momentos, no ano 2019 xa se produciron cinco pintadas reivindicativas en distintas zonas das fachadas da Catedral, nas que se podían ler mensaxes como ‘Eu non saín da túa costela, ti saíches da miña cona!’ en plena Praza do Obradoiro. Tamén, na zona do Arco de Palacio, líanse mensaxes como ‘Guillotina, Borbón’, ‘Gritaremos ata quedarnos sen Vox’, ‘Non nos pararán’ e ‘Machitos’, estas dúas últimas acompañadas co símbolo feminino debuxado en forma dunha arma. O Concello de Santiago condenou no seu día, a través das redes sociais, esta “agresión ao patrimonio” e púxose a disposición da Catedral para colaborar en todo o que fose necesario.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

‘Compostella Expeditio’ recrea o Santiago medieval nunha experiencia de realidade virtual

A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolle desde este martes 'Compostella Expeditio',...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Santiago converterá as galerías entre Rosalía de Castro e a Rúa Nova de Abaixo nunha galería de arte urbana

As galerías que comunican Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo deixarán de...