InicioCULTURAComeza O Son do Camiño marcado pola polémica vinculación cos fondos de...

Comeza O Son do Camiño marcado pola polémica vinculación cos fondos de investimento proisraelí de KKR

O festival compostelán recibe máis de tres millóns de euros públicos a pesar de estar parcialmente controlado por unha empresa asociada a intereses inmobiliarios en territorios ocupados por Israel

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Hoxe, 13 de xuño, arrinca en Santiago de Compostela unha nova edición do Son do Camiño, un dos festivais musicais con maior proxección en Galicia, que terá lugar ata o sábado no recinto do Monte do Gozo. Mais a apertura do evento chega este ano envolta en críticas e chamadas ao boicot derivadas da súa conexión co fondo de investimento estadounidense KKR, cuxas actividades empresariais inclúen participación en proxectos inmobiliarios situados en territorios ocupados por Israel en Palestina.

A organización do festival corre a cargo dunha unión temporal de empresas formada por Esmerarte e Old Navy Producciones, esta última controlada por KKR a través da marca Bring The Noise. Segundo se fixo público, a Xunta de Galicia entregou 3.025.000 euros de fondos públicos á organización do evento sen licitación previa, a través dunha subvención directa xestionada pola Axencia de Turismo de Galicia. A documentación oficial non permite coñecer nin os custos desagregados nin os cachés das bandas, limitándose a esixir que o logotipo do Xacobeo figure nos materiais promocionais.

A elección directa de empresas sen concurso público, denunciada por medios como El Salto, evita os mecanismos de fiscalización propios das contratacións públicas, segundo critican voces da oposición e organizacións culturais.

KKR, SUPERSTRUCT E O CONTROL DE EVENTOS MUSICAIS EN EUROPA

O festival santiagués forma parte da carteira de máis de 80 eventos musicais controlados por Superstruct Entertainment, empresa adquirida por KKR en 2024. Superstruct xestiona tamén outros grandes festivais como Viña Rock, Resurrection Fest, Sónar, Arenal Sound ou FIB Benicàssim.

Nos últimos meses, a implicación deste fondo en proxectos inmobiliarios e tecnolóxicos vinculados ao Estado de Israel, a través de firmas como Guesty, Yad2 ou Global Technical Realty, provocou unha onda de rexeitamento no sector musical e cultural. Estas empresas operan, directa ou indirectamente, en asentamentos ilegais en Cisxordania e Xerusalén Leste, segundo diversas investigacións.

Diversos grupos parlamentarios, como Sumar, trasladaron a polémica ao Congreso, formulando preguntas ao Goberno central sobre a conveniencia de permitir a celebración de festivais financiados por empresas que, segundo denuncian, “vulneran o dereito internacional humanitario”.

BOICOTS, CANCELACIÓNS E PROTESTAS DO SECTOR MUSICAL

Dende que se fixo pública a conexión de KKR con festivais estatais, máis de medio cento de bandas e artistas decidiron desvincularse ou rexeitar futuras participacións nestes eventos. Entre elas figuran nomes como Reincidentes, Fermín Muguruza, Dakidarría, High Paw ou Sons of Aguirre.

No caso galego, a campaña de denuncia encabezada por BDS Galiza —plataforma que promove o boicot a empresas vinculadas ao apartheid israelí— logrou o apoio de máis de trinta bandas e artistas da escena local, como Bala, Zënzar, Cé Orquestra Pantasma, Hugo Guezeta ou Teresa Ferreiro. A través dunha carta aberta, esixen aos festivais galegos controlados por KKR —O Son do Camiño, Caudal Fest, Resurrection Fest e Morriña Fest— que asuman un compromiso ético co movemento BDS e rompan a súa vinculación co fondo.

As súas demandas inclúen desde declaracións públicas ata cambios na política de patrocinios, programación e contratación, así como a integración de proxectos culturais solidarios coa causa palestina.

RESPOSTA INSITUCIONAL E SILENCIO ORGANIZATIVO

Ata o de agora, nin a Xunta de Galicia nin os organizadores do festival deron resposta pública ás peticións de información ou ás críticas. Mentres outros eventos como o Sónar ou Monegros comezaron a aceptar a devolución de entradas por razóns éticas, O Son do Camiño mantén silencio, sen ofrecer alternativas nin posicións públicas ao respecto.

Mesmo artistas que manteñen a súa participación, como Kase.O, recoñeceron a súa incomodidade coa situación. O rapero confirmou a súa actuación este venres, mais anunciou que doará parte dos seus beneficios a organizacións pro Palestina, alegando que rescindir o contrato implicaría custes económicos e legais elevados.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here